Conversa:Foro do bo burgo de Castro Caldelas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • A transcrición do texto sinala Foro do bo burgo do Castro Caldelas. Non vos parece ben manter o título orixinal, ou será mellor deixalo como está? --Xoán Carlos Fraga 21:22, 14 setembro 2007 (UTC)
  • Contéstome a min mesmo. De momento pódese deixar así, porque é un documento relativamente recente (a descuberta do mesmo, claro), e ademais no artigo xa se pon na cabeceira o título orixinal. --Xoán Carlos Fraga 12:47, 15 setembro 2007 (UTC)

O que facer con este artigo?? O contido do texto en todo caso debería estar en galifontes; o artigo pódeselle dar formato. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 188.83.10.237 (conversacontribucións)

Non vexo que problema pode haber. O artigo é pequecho, pero está ben. En Galifontes hai textos. É outra cousa. Aquí o que se fai é citar un fragmento. --Atobar (conversa comigo) 21:40, 10 de outubro de 2010 (UTC)

Outra corrente filolóxica defende que o texto máis antigo escrito en lingua galega é de 1231 (artigo). --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de febreiro de 2013 ás 10:35 (UTC)[responder]