Conversa:Formación das liñaxes na nobreza galega baixomedieval

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Citas textuais[editar a fonte]

  • En ocasións hai citas textuais sobre as que non se indica a súa fonte, o que fai dubidar a quen o le, pois non sabe de onde procede. Poderíase arranxar con numeriños e unha alínea final indicando a fonte ou obra de onde procede. --Xoán Carlos Fraga 10:58, 16 abril 2007 (UTC)
  • Todo é mellorable, pero creo que xa vai sendo o momento de quitarlle o template de atención a este artigo. Lansbricae (Ti dirás) 19:13, 22 abril 2007 (UTC)
  • Estou de acordo contigo, Lansbricae. Recibe un moi cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 19:20, 22 abril 2007 (UTC)
  • Aínda que eu non puxen a etiqueta de revisión e estou de acordo en quitala, víñalle ben ao artigo un resumo inicial de 2 liñas sobre o artigo, de acordo coa maioría dos artigos da Galipedia. Por suposto, só é unha suxestión. Realicei esta introdución do artigo, que se vos parece ben podería porse de introdución, aínda que, se non gusta, pode modificarse parcial ou totalmente. Recibide un saúdo. Aquí vai:

A nobreza galega estaba asentada nun territorio próspero economica e politicamente durante a Idade Media Clásica (séculos XI-XIII), polo cal puido crecer tanto en número como nas súas posesións, non sendo raro nestes séculos un reparto dos bens familiares entre os fillos dunha maneira, máis ou menos, equitativa. Mais na Alta Idade Media, debido a calamidades varias (peste, malas colleitas, guerras), van ter que realizar alianzas con outras familias e apoiar as sucesións só para os morgados para non perderen nivel adquisitivo, de maneira que os fillos segundóns e as fillas pasaban a ter outros papeis que os da herdanza do groso do patrimonio familiar.

--Xoán Carlos Fraga 14:13, 23 abril 2007 (UTC)

  • Tamén estou dacordo. --Beninho 16:51, 11 maio 2007 (UTC)
  • Son do mesmo criterio, simplifica o título sen quitar información. Lansbricae (Ti dirás) 23:48, 11 maio 2007 (UTC)
  • Opino o mesmo, e xa movín o artigo. Un saúdo. --Xoán Carlos Fraga 09:59, 20 maio 2007 (UTC)

-bel/-ble[editar a fonte]

Cando homoxeneicei as formas do artigo todas en -bel fixen-no porque o artigo primitivo tiña unha ortografia anárquica e non parecia unha escolla conscente, puxen todo en -bel porque é o que uso eu. Se alguén o solicita cambio-o. Emilio juanatey 19:20, 9 xuño 2007 (UTC)

Afinal puxen-no todo en -ble, levou menos tempo que tanto comentario. Sorry

Emilio juanatey 19:31, 9 xuño 2007 (UTC)