Conversa:Estado falido
Untitled[editar a fonte]
Ola, Gustaríame que valorásedes a posibilidade de cambiar a denominación desta entrada por "Estado falido".
Esta forma documéntase neste BOE, e desde aí estendeuse ás programacións didácticas de numerosas editoriais de libro de texto, como neste exemplo de Xerais.
Ademais, é coherente coa forma das linguas veciñas: - portugués (estado falido ou estado falhado) - inglés (failed state) - francés (état défaillant)
E por último é coherente con outros termos galegos como “acto falido” (ES: acto fallido).
A forma "Estado marrado" que estades propoñendo, é correcta desde o punto de vista puramente lingüístico, pero non ten ningunha das virtudes que acabo de describir para “estado falido”.
Un saúdo
XustoRguez (conversa) 11 de outubro de 2013 ás 08:11 (UTC)
- Concordo. --Paradanta (Cóntame) 11 de outubro de 2013 ás 09:13 (UTC)
- Concordo. A exposición das razóns e fontes mencionadas paréceme axeitada. E o criterio de Xusto Rodríguez en terminoloxía, aínda que fale a título individual, paréceme a ter en grande conta. --Xabier Cid Talk 2 me, please 11 de outubro de 2013 ás 09:22 (UTC)
- Concordo. E movo o artigo, en principio deixando unha redireción. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de outubro de 2013 ás 10:56 (UTC)