Conversa:El Franco, Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

se debería de respetar las ideas de la gente que vive en el occidente de Asturias y en lugar de decir conceyos galegofalantes se debería de hacer uso del término aceptado por la gente del occidente y que es gallego-asturiano, habla de transicion entre el asturiano y el gallego. por lo tanto sugiero cambiar ese termino que ni me representa a mi que naci y vivo en la zona ni a la mayoria de la gente que alli vive. gracias —o anterior comentario sen asinar foi feito por Nicadapa (conversacontribucións) 15:14, 26 de febreiro de 2009

Isto é unha enciclopedia, e o que pense a xente é irrelevante. Unha enciclopedia debe basearse en datos obxectivos e cientificamente confrontábeis. Neste senso, cientificamente o que se fala é unha variedade da lingua galego-portuguesa, o que no estado español recibe o nome de galego, e así continuaría a ser por moito que se trate de Asturias, Murcia ou Aragón. Outra cousa son as lexítimas crenzas da xente, pero iso xa sae do ámbito científico e entra no dos sentimentos e na identidade de cada quen, sempre moi respectável.--Rosamf 12:58, 22 febreiro 2010 (UTC)
Digo Eu, isto da Galicia estremera, tamé é un concepto científico ou estamos cara unha nova forma de colonialismo, pois como dicides o que pense a xente de El Franco, para vos en verdade, é irrelevante.--Candalín 23:28, 3 de setembro de 2010 (UTC)

Irrelevante é o que pensemos nós todos, e tamén ti. Isto é unha enciclopedia e non un foro, non estamos aquí para darmos opinións. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:45, 3 de setembro de 2010 (UTC)

O que é irrelevante nunha Enciclopedia nón són as opinións (que deben de recollerse e contrastarse todas), sino facer afirmacións unilaterais sen citar as fontes, (aínda nos casos coma este en que folgan as palabras pois todos sabedes onde veñen). Asín se decides: "considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira", nón estaría demáis dicir quén o diz e por que o diz, e mais se falamos de tradicións, nón estaría tampouco demáis dar a coñecer a opinión dos interesados, que somos os suxetos pasivos da serie de actos que constitúe a tradición.--Candalín 00:51, 5 de setembro de 2010 (UTC)

No artigo Galicia estremeira semella haber bastante información e algunhas referencias interesantes entre elas un libro de López Mira, editado por Xerais en 1998 titulado A Galicia irredenta. A información debémola basear en fontes, e así se trata de facer as máis das veces. --Alberte Si, dígame? 01:01, 5 de setembro de 2010 (UTC)

El Franco[editar a fonte]

Aínda que hai referencias para O Franco como se expoñen no artigo tamén as hai para El Franco, co artigo tal como se utiliza no galego da zona. SXPL, Xosé Henrique Costas "A deturpación da toponimia galega do Eo-Navia", neste inventario do ILGA [1] e en moitos traballos, cando non en todos, en galego sobre a lingua do Eo-Navia. Mentres non haxa un pronunciamento claro da RAG ha figurar tamén El Franco, que ademais foi a primeira opción, para min o movemento para O Franco non foi correcto, unha vez que hai abondosas referencias para El Franco como forma galega e moi poucas alén da que se expón no artigo para "O Franco" tal como se pode ver facendo unha busca en google, onde si hai webs que empregan traducións automáticas, páxinas de facebook, algúns blogs pero escasas referencias de calidade.--Sernostri (conversa) 26 de abril de 2014 ás 07:47 (UTC)

Se hai referencias en galego normativo válidas para "El Franco", debería prevalecer a 1ª opción. --Norrin (Fálame) 26 de abril de 2014 ás 11:01 (UTC)
Despois de facer a busca de información sobre Coaña decateime tamén do que comenta Sernostri, que as referencias en eonaviego (creo que todas as que vin) usaban o nome "El Franco". Está claro que no artigo pode aparecer que en asturiano é El Franco e tamén en eonaviego. O que non teño xa tan claro é se o movemento é 100% correcto, pero nos seguintes días vou seguir repasando os topónimos de Asturias e cando remate espero ter unha idea un pouco máis clara sobre o tema que comentarei aquí de novo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de abril de 2014 ás 19:28 (UTC)
As referencias que dei enriba son en galego, non hai apenas referencias en galego a "O Franco" fóra da que está como referencia. Polo demais que unha Academia dunha lingua (a asturiana) regule sobre outra lingua (a galega) en fin...pero queda fóra do que é esta conversa.--Sernostri (conversa) 26 de abril de 2014 ás 19:44 (UTC)
Non entendo o que queres dicir Sernostri, a referencia a O Franco que hai no artigo é da UDC... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de abril de 2014 ás 00:11 (UTC)
Non lle nego valor a esa referencia só constato que hai ducias de referencias a El Franco en galego (en artigos e libros sobre a situación do galego de Asturias escritos por lingüístas) e practicamente só unha referencia de calidade a O Franco, que esa da UDC. Pero a non ser que haxa máis referencias a desproporción é moi grande como para xustificar o movemento da páxina--Sernostri (conversa) 27 de abril de 2014 ás 07:30 (UTC)
Nunha busca en google xa me saen sen mirar moito tres obras referidas ao galego en xeral, non a do galego de Asturias: O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000: El Franco; Lingua e territorio: El Franco; Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia: El Franco. E o Repertorio toponímico e xentilícico da Terra Eo Navia, obra fundamental para a toponimia galega de Asturias dá como correcto El Franco, sendo O Franco outro lugar diferente pertencente a Santiso de Abres. Agora ben se busco "O Franco" (referido ao concello) a min non me aparece nada en obras feitas por lingüístas.--Sernostri (conversa) 27 de abril de 2014 ás 07:43 (UTC)

Concordo con todo o dito anteriormente e achego nova referencia que sostén reverter a entrada á forma propia eonaviega: El Franco.

Ver: Xosé-Henrique Costas González|Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 34. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

A obra é consultable en: http://anl.uvigo.es/anl_gl/publicacions/

Saúdos.

Marcio (conversa) 1 de maio de 2016 ás 21:05 (UTC)

Na toponimia galega sempre se empregou a variedade de galego propio de cada zona, e así como é A Guarda, Cualedro ha ser El Franco. O Franco é de verdade unha barbaridade, por unha soa referencia como "O Franco" todas as demais, que parecen maioritarias, non serven de nada.--HacheDous=0 (conversa) 27 de setembro de 2016 ás 16:31 (UTC)

@Elisardojm: A ligazón que engadiches como referencia non funciona. Supoño que fas referencia a estoutra? Banjo tell me 29 de setembro de 2016 ás 21:15 (UTC)

Era a ligazón que xa estaba no artigo, grazas! Vou cambiar os artigos que apunta a este para deixalo todo ben. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de setembro de 2016 ás 21:22 (UTC)
Xa está amañado segundo as referencias HacheDous=0. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de setembro de 2016 ás 21:56 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en El Franco, Asturias. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de agosto de 2018 ás 14:01 (UTC)