Conversa:Eider

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Digalego escribe a palabra sen acento, eider. (ver eider)--Miguelferig (conversa) 17 de novembro de 2018 ás 17:42 (UTC)[responder]

Non vexo claro o movemento Miguelferig e Atobar, a Guía das aves de Galicia e Conde Teira usan éider, igual que usa así en portugués e catalán. A min dáme máis confianza esas fontes que o Digalego, se fose o DRAG non diría nada, pero neste caso teño dúbidas... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de novembro de 2019 ás 22:32 (UTC)[responder]
Pois coido que igual levas razón, Elisardo. Ben vista. A ver que di Miguelferig. En todo caso, algo xa avanzamos, que achegamos referencias onde non as había. Só queda saber a que lle damos prioridade para desfacer o movemento ou non. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 7 de novembro de 2019 ás 09:25 (UTC)[responder]
O cambio de nome non foi cousa miña, aínda que eu sinalei que o Digalego dicía eider (para que se puidese discutir ou comprobar o asunto). Fun eu tamén quen volvín a poñer no texto as redireccións de éider e puxen as referencias. Probablemente o acento etimolóxico orixinal do islandés favorecería dicir eider, pero pode ser que a palabra chegase non directamente do islandés, senón a través doutro idioma que pronunciaba éider (non o sei).--Miguelferig (conversa) 7 de novembro de 2019 ás 17:06 (UTC)[responder]
Daquela eu creo que debe primar a Guía das aves de Galicia sobre a entrada en Digalego (que está dous chanzos por baixo do DRAG e a un do Gran Xerais). Se ninguén ten reparos, en cuestión dun par de días procederei a mover a entrada a Éider e deixar esta, Eider, como redirección. --Atobar (conversa comigo) 7 de novembro de 2019 ás 19:07 (UTC)[responder]
Eu concordo co movemento. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de novembro de 2019 ás 23:10 (UTC)[responder]
Tamén concordo con poñer éider polo momento, a ver que deciden no futuro.--Miguelferig (conversa) 8 de novembro de 2019 ás 07:50 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de setembro de 2019 ás 00:27 (UTC)[responder]