Conversa:Educación preescolar

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Proposta de eliminación[editar a fonte]

A Educación Preescolar desapareceu do sistema educativo hai anos. Agora, só se fala de Educación infantil. Salvo que se lle queira dar un sentido de acepción histórica e entón habería que reformular o artigo e explicar en que época se denominou así. Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 29 de xullo de 2022 ás 21:37 (UTC)[responder]

Procedo a actualizar o contido de acordo coa lexislaxión actual. Creo que procede remitir á entrada de Educación infantil. Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 5 de agosto de 2022 ás 19:22 (UTC)[responder]
Refíreste á "lexislación actual" en España ¿non si? Pero este artigo non é a "Educación preescolar en España", é a "Educación preescolar" (en xeral). --. HombreDHojalata.conversa 7 de agosto de 2022 ás 22:02 (UTC)[responder]
Refírome a este: a Educación preescolar chámase agora Educación Infantil, da que xa te mos artigo. Modifiquei o artigo da Educación Preescolar pola 2ª vía proposta: darlle un sentido global e histórico. Permítenos ademais introducir o concepto antigo, falar doutros países e mentar Preescolar na Casa que ten seu artigo tamén. Saúdos! Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 8 de agosto de 2022 ás 08:44 (UTC)[responder]

Eliminación de Categorías ocultas[editar a fonte]

Creo que xa se poden eliminar as categorías de "Todos os artigos que requiren referencias" e "Artigos que requiren referencias desde unha data descoñecida".