Conversa:Dolores Lombardero

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Relevancia[editar a fonte]

Ola, Mullerícola, temos dúbidas aquí (Estevoaei) sobre a relevancia de Lombardero. Polo que lin na tese e nos distintos obituarios, tivo unha farmacia. Pero non ten ningún dato concreto que a faga única. Non sei se tes máis datos como "a primeira farmacéutica da provincia de Lugo", "a primeira inspectora de farmacia", etc. Polo que lin na tese, neses anos había xa un número interesante de mulleres licenciadas en Farmacia, e quizais tamén que fosen propietarias de farmacias. Non sei se habería opcións de referenciar datos que nos permitisen visibilizar a relevancia de Lombardero. Poderías axudarnos? Moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 24 de febreiro de 2018 ás 12:08 (UTC)[responder]

Inconsistencias nas fontes[editar a fonte]

Boas, isto é o que pon a día de hoxe

Estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela entre 1928 e 1932, e acadou o seu título de licenciada o 25 de outubro de 1932. Ao ano seguinte, mercou unha farmacia en Mondoñedo, pero para poder tomar posesión dela tivo que contar cun permiso paterno, ao ser menor de idade segundo a lexislación da época. Estivo á fronte dela (xa bautizada como Farmacia Lombardero) ata a súa xubilación. A farmacia herdouna a filla.

Achei esta fonte que indica cousas distintas, deixoa aquí de momento, pero semella que a investigadora tirou de fontes do rexistro civil, polo que eu me fiaría máis dela:

  • Data de nacemento/defunción 10 novembro (non 12)/30 maio 2009

*"Tivo unha farmacia en Chantada onde desenrolou a súa vida profesional ata a súa xubilación" (non Mondoñedo, como aparece na entrada.

Actualización, a segunda afirmación é doutra muller, o formato do documento escaneado fixo que me confundira,desculpas