Conversa:Derbi entre Celta e Deportivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

  • Isto é enciclopédico ou un invento do prensa? Un derbi galego tamén foi outras tempadas e noutras categorías o Racing de Ferrol-Ourense, o Dépor-Compos ou o Lugo-Montañeros. --Atobar (conversa comigo) 20:34, 17 de outubro de 2011 (UTC)

É certo o que dis, mais púxenlle este título pola longa traxectoria que se vén facendo, a rivalidade contrastada e o falar popular. Penso que non era incorrecto, pero tamén opino que o nome actual é correcto. --Krisko 01:27, 14 de novembro de 2011 (UTC)

E completo o que digo dicindo que "derbi" enténdese como enfrontamento pero con rivalidade histórica, reafirmando así que "Derbi galego" para referirnos aos encontros entre Celta e Dépor era válido. Estamos a falar de máis de 80 anos de rivalidade continuada. A festa do fútbol galego, pois. E ollo, o digo sen menospreciar nin moito menos os enfrontamentos dos diversos clubs deste país entre eles ou con Celta e Deportivo, os tiros non van por aí. --Krisko 01:35, 14 de novembro de 2011 (UTC)

  • O título Derbi galego deixeino como redirección aquí (até que algún currante a pase a homónimos) e o actual, máis específico, como título do artigo. A palabra derbi ten moita historia e moita confusión, e nin a prensa deportiva se pon moi de acordo (é un derbi o Madrid-Barça? Antes érao, agora fálase de clásico, igual se fala de La Roja e antes de La Selección); en todo caso, parece que está claro que un derbi madrileño é tanto un Rayo-Atlético como un Madrid-Getafe, e de igual modo un derbi vasco é o Alavés-Real que o Real-Athletic. A min tanto me ten tamén, por suposto, pero creo que esta forma é máis seria de presentalo que a outra, sobre todo pensando en que no futuro se cadra tamén teñamos un artigo que recompile o historial de enfrontamentos Pontevedra-Ráncig de Ferrol. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 01:50, 14 de novembro de 2011 (UTC)
    • Neste novo título sobra o de "galego", entón; ou "Derbi galego" ou "Derbi entre Celta e Dépor", pero todo xunto soa redundante. --Estevo(aei)pa o que queiras... 09:25, 14 de novembro de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Derbi entre Celta e Deportivo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 07:11 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (outubro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Derbi entre Celta e Deportivo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de outubro de 2018 ás 20:17 (UTC)