Conversa:Cronoloxía de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Contido enciclopédico?[editar a fonte]

Non lle vexo sentido a esta páxina acabada de crear. Sobre todo en habendo Historia de Galicia e sobre todo Reino de Galicia, moito máis completas, mellor estruturadas e ben referenciadas. Penso que é de borrado (sen entrar a que a división en epígrafes son un tanto polémicas e poida que erradas). --Atobar (conversa comigo) 27 de xuño de 2020 ás 17:59 (UTC)[responder]

De feito, en concreto en Reino de Galicia temos unha Cronoloxía de Galicia nunha columna de seu, xusto por baixo da ficha. --Atobar (conversa comigo) 27 de xuño de 2020 ás 18:01 (UTC)[responder]
Na Wikipedia en inglés sempre hai unha páxina de Historia de X e outra de Cronoloxía de X, non se considera que sustitua ó outro senon que o complementa. Por iso existe Timeline of Galician history e History of Galicia, Timeline of Spanish history e History of Spain, Timeline of Peruvian history e History of Peru, e así calquera lugar do mundo. Evidentemente hai que facelo ben. As cronoloxías de lugares son un formato de artigo enciclopedico amplamente usado no mundo. Orixinalmente este artigo creouse para a Wikipedia en inglés pero pareceume moi interesante que existise tamén en galego, porque hai moitos feitos que son dificiles de atopar na Wikipedia en Galego (literalmente dábame pena porque iba consultar cousas e non podía lelas en galego tiña que ser en inglés). Ademáis permite facerse unha idea da evolución histórica de Galicia para aquelas persoas que non teñen un esquema mental da historia dese lugar. Neste formato de artigos van a aparecer certos tipos de feitos históricos tales coma trocos no modo de goberno, conquistas e invasións, cambios no número de habitantes (ainda non se engadiu), primeras veces (primera imprenta, primeiro xornal, primeiro tren, etc).
Este artigo xurdiu tamén pola imposibilidade de ampliar a cronoloxía que existe no artigo Reino de Galicia dado que é un modelo que forma parte doutro artigo, non é artigo independente, a súa cronoloxía limitase a un periodo histórico concreto, non se poden engadir sucesos anteriores e posteriores. Se existe esa cronoloxía é porque é util, o problema e que non se pode ampliar.
Sí, en algún lugar está ligado Modelo:Cronoloxía do Reino de Galicia pero iso non é un artigo. Ligar un modelo así de estreito é un pouco "chapuza".
As divisións corresponden os diferentes cambios de rexime que sufriu Galicia que é o que se acostuma facer neste formato. Para que se entenda mellor en lugar de por "Reino de España" puxen "Autonomía de España" xa que aporta máis información, pero quizáis hai algún erro ou punto de vista que non tiven en conta. No caso das sucesivas republicas e o réxime franquista agrupeino porque foron moitos cambios en pouco tempo pero se é demasiado impreciso se separa. Stoni (conversa) 27 de xuño de 2020 ás 20:15 (UTC)[responder]