Conversa:Comarca do Barbanza

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Comarca de Barbanza»)

Untitled[editar a fonte]

Metín o zoco ben metido neste cambio, o nome oficial é A Barbanza como aparece no decreto 65/97 como se pode comprobar aquí:[1].--Arco de Rayne 23:04, 3 marzo 2008 (UTC)

a referencia de arriba está aquí e oficialmente é "Barbanza". Algúen pode achegar fontes para "do" "da", por favor?.--Maria zaos (conversa) 19 de agosto de 2019 ás 16:20 (UTC)[responder]
Corrección do DOG nº 71 do 15/04/1997 - Xunta de Galicia do DECRETO 65/1997, do 20 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o mapa comarcal de Galicia: "Na páxina 3.007, columna da dereita, no apartado referente ás comarcas da provincia da Coruña, onde di: «A BARBANZA», debe dicir: «BARBANZA»". --Estevo(aei)fálame aquí 25 de xullo de 2022 ás 14:41 (UTC)[responder]
Conversa onde se indicaba esta corrección de erros e outros problemas do mapa comarcal (indicada máis abaixo e que xa contiña a corrección de erros):

Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Barbancés. A partir desta referencia na info oculta do DRAG, poida que conveña mover a entrada a comarco do Barbanza e deixar as restantes como redireccións. --Atobar (conversa comigo) 16 de xaneiro de 2020 ás 19:07 (UTC)[responder]

Malia que hai un oco na política no referido ás comarcas, que non aparecen no Nomenclátor de Galicia, a filosofía detras dela é, ao meu entender, o acordo sobre o nome oficial e legal vixente. Sexa un erro lingüístico ou non, o único documento válido, baixo esta filosofía sería o publicado no DOG (corrección de erros, xa figura no artigo). Xa tivemos esta discusión na Taberna no seu momento, da que lembro se chegou á mesma conclusión, pero non conto con tempo para buscala agora. Con todo, é importante achegar, claro está, as referencias do DRAG. De non existir a política, o marco do que é correcto sería, claramente o DRAG, como para calquera texto aquí. Pero hai que ter conta que houbo unha intencionalidade (acordada e explícita) para cinxirnos ós procedementos legais na área da Toponimia (representada pola Toponimia, polo que habería que axustarse a este criterio, teñan os documentos oficiais os erros que teñan.--Maria zaos (conversa) 17 de xaneiro de 2020 ás 07:56 (UTC)[responder]
Deixo aquí referencia ós fíos arquivados da taberna sobre o tema, para que quede constancia.

Saúdos Maria zaos (conversa) 17 de xaneiro de 2020 ás 08:19 (UTC)[responder]

xa somos dous ;). Só queda esperar que co novo pulo representado polo Novo Portal de Toponimia (https://toponimia.xunta.gal/gl) no que xoga a RAG unha parte ben activa acaben por solucionarse estas dúbidas. Saúdos.Maria zaos (conversa) 17 de xaneiro de 2020 ás 12:41 (UTC)[responder]