Conversa:Clima da Península Ibérica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Dado que a climatoloxía é un elemento da xeografía, penso que o artigo debería ser "Clima da Península Ibérica", como teñen na wiki en catalán. Penso que, se se pode falar de similitudes climatolóxicas, debe facerse falando da península, paréceme absurdo excluír Portugal. Amais, o artigo non inclúe o clima das illas Canarias, que si debería estar incluído se fose a climatoloxía do estado. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:55, 28 de decembro de 2010 (UTC)


Dado que non existe un único clima en toda a península, o título debería ser "Climatoloxía da Península Ibérica". --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:01, 4 de xuño de 2012 (UTC)
Climatoloxía é a ciencia que estuda os climas e non se podería facer un artigo sobre a climatoloxía da Península Ibérica, si que se podería facer sobre a climatoloxía na Península Ibérica, pero sería para falar da evolución desa ciencia na península--Xián (conversa) 13:49, 4 de xuño de 2012 (UTC)