Conversa:Chaparela

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Observacións sobre o nome vulgar chaparela[editar a fonte]

A única mención a este nome, chaparela, para un peixe, atopeino no blog pescaKAYAKcoruña, onde non se cita o nome científico, pero por unha das fotos vese claramente que é un espárido. Dubido que este blog sea unha fonte autorizada pola Galipedia e, por outra parte, pode que sexa unha variante do nome chaparena, que figura no Dicionario da RAG, pero referido a outra especie de espárido, Spondyliosoma cantharus (Ver aquí), e que Lahuerta e Vázquez, no seu Vocabulario multiligüe de organnismos acuáticos,[1] adxudican á especie Diplodus vulgaris, co sinónimo sargo de cabeza negra. De momento, e mentres non se aclare o asunto, penso que no título do artigo debería figurar unicamente o nome científico. --XoioÉche o que hai 23 de xaneiro de 2020 ás 14:05 (UTC)[responder]

Xoio, atopei unha referencia no Digalego e engadina no artigo. Se non che parece axeitada, quitámola e seguimos falando. Atopei algunhas referencias máis noutras páxinas de menor entidade, varias delas en castelán. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2020 ás 19:30 (UTC)[responder]

Nota[editar a fonte]

  1. Lahuerta Mouriño, Fernando e Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-4532-913-8.

Se aparece no Digalego, paréceme ben, e non hai nada que cambiar; os nomes que propñen Lahuerta e Vázquez non me parecen adecuados: chaparena, o nome 'principal' é o que a RAG dá para Spondyliosoma cantharus (que terei que editar), e o sinónimo, sargo de cabeza negra, porque non lle vexo eu moi negra a cabeza a este peixe, negra é a caluga; xa puideron inventar un nome máis acaído, como sargo anular, adaptando o nome científico. Pero mellor, deixalo como está (o nome: o artigo merece numerosos retoques, que xa irei arranxando cando poida). Moitas grazas. --XoioÉche o que hai 23 de xaneiro de 2020 ás 19:56 (UTC).[responder]

Moi ben. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2020 ás 22:57 (UTC)[responder]