Conversa:Cantroxo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non é que o Cumio recolla Lavándula, Pedro. Senón que na definición emprega o nome científico. Copio e pego, para que non haxa dúbidas, a definición de lavanda tal cal está no Cumio: f. Planta arbustiva das labiadas (Lavandula lanata), de follas estreitas e agrisadas, coas flores azuis en forma de espiga, que recende intensamente. Moi usada en perfumería. --Atobar (conversa comigo) 22:05, 30 xullo 2009 (UTC)

  • Cantroxo, segundo Cumio: Planta perenne da familia labiadas (Lavandula stoechas), parecida á lavanda.. --Atobar (conversa comigo) 22:07, 30 xullo 2009 (UTC)

Parece evidente que o Cumio meteu totalmente a zoca na asignación do nome científico á "lavanda". Na definición está a falar claramente da Lavandula angustifolia, que ten as follas estreitas e que ten longa tradición de uso na fabricación de esencias. A Lavandula lanata é unha especie endémica de certas áreas montañosas de Andalucía e que non ten valor comercial na perfumaría. Marcio (conversa) 28 de agosto de 2017 ás 13:52 (UTC)[responder]

ERROS NO ARTIGO

Esta parte do artigo contén erros:

"Outros nomes comúns do cantroxo son arzaia, azaia, cantroxina, cantroxiño ou inclusive lavanda".

Lavanda é un nome común xenérico para todo o xénero Lavandula e non específico para a Lavandula stoechas, algo do que non se dá ningunha referencia. Por tanto, conviría eliminalo.

"Cómpre ter presente que co nome de cantroxo tamén se designan outras especies semellantes, como Lavandula lanata."

Esta frase parece unha tradución imprudente dun texto en castelán. É posible que o equivalente castelán "cantueso" ademais de para a L. stoechas tamén se use vulgarmente para a L. lanata. Pero diso non se deduce que aconteza iso en galego con "cantroxo". Non se dá ningunha referencia e ademáis sería moi estraño que tivese nome vernáculo galego unha planta endémica de certas áreas montañosas de Andalucía. Propoño eliminar a frase.

Marcio (conversa) 30 de agosto de 2017 ás 17:33 (UTC)[responder]

Eu non teño o Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C).. As referencias achegounas no seu momento Nachonion. Conviña poir que as revise el cando teña un momento e que nos indique se son sinónimos desta especia en concreto ou doutra. Poida que sexa un erro. --Atobar (conversa comigo) 30 de agosto de 2017 ás 18:54 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Lavanda. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de agosto de 2018 ás 06:52 (UTC)[responder]

MÁIS ERROS NO ARTIGO[editar a fonte]

Saúdos. Esta planta, cantroxo, Lavandula stoechas, é espontánea no Valdeorras (certo que con algún perigo de extinción), e ten esa denominación vernácula aí, mal que pese. Denomínase cantroxiña, non cantroxina, a especie femia. Ambas formas, cantroxo e cantroxiña, están recollidas por fr. Martín Sarmiento. Basta con ir ao RILG para comprobalo. Paréceme incrível que o DRAG acolla cantroxina, que ben se nota polo sufixo que non é galego. O mesmo Sarmiento rexistrou cantroxina no Bierzo (o que é coherente para o Bierzo de fala leonesa) e logo Rivas Quintas en Pumares, Carballeda de Valdeorras, en 1978, Frampas, s.v., pero non se debeu informar máis. Cantroxina úsase na zona do outro lado do río (p.ex., na Ponte de Domingo Flórez, de fala galega, pero moi influída polo leonés, de xeito que pode oscilar entre unha e outra variante, pero a simple reflexión mostra que unha é leonesa e outra galega (tamén leonés cantrojo / cantruejo, e cantrojal, en Verardo García Rey, Vocabulario del Bierzo, s.v.). A RAG - ILG con frecuencia non mira, nin investiga máis. Por suposto a lavanda non é o cantroxo, aínda que son do mesmo xénero. 15 /11/ 2018 . Montes. Saúde. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.60.241.223 (conversacontribucións)