Conversa:Caldeirón cinsento

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nome galego[editar a fonte]

Segundo o que se di na sección Nome galego do artigo, semella que o único nome galego válido para esta especie, segundo as fontes fiábieis, sería arroaz boto. Pero Grampus griseus non ten a aparencia dun arroaz (xénero Tursiops) senón que máis ben é moi semellante aos caldeiróns (xénero Globicephala), tanto que, canda a estes, está agrupado na mesma subfamilia de delfínidos, a dos globicefalinos, polo que parece, na miña opiniòn, un nome pouco afortunado. Por iso, e tendo en conta que na definición de caldeirón no dicionario da RAG dise que este é un «mamífero da familia dos delfínidos do que existen distintas especies (o subliñado é meu), duns seis metros de lonxitude, corpo robusto e alongado, coa cabeza globosa e sen peteiro ou cun peteiro rudimentario», talvez fose mellor, dada a súa coloración (e ao nome específico) adoptar (e adaptar) a solución castelá e denominr a esta especie en galego como caldeirón gris. Claro que nin a Galipedia, nin este opinate, non somos fontes primarias.

Porén, podemos encontrar este nome noutras fontes, primarias, pero non sei se válidas:

Un saúdo a todos e todas.--XoioÉche o que hai 12 de outubro de 2013 ás 17:27 (UTC)[responder]