Conversa:Balbina López Somoza

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Relevancia[editar a fonte]

Ola, Mullerícola, igual que nos pasou con Dolores Lombardero, temos dúbidas sobre a relevancia de López Somoza. Copio e pego o que che puxen na outra conversa. Polo que lin na tese e nos distintos obituarios, tivo unha farmacia. Pero non ten ningún dato concreto que a faga única. Non sei se tes máis datos como "a primeira farmacéutica da provincia de Lugo", "a primeira inspectora de farmacia", etc. Polo que lin na tese, neses anos había xa un número interesante de mulleres licenciadas en Farmacia, e quizais tamén que fosen propietarias de farmacias. Non sei se habería opcións de referenciar datos que nos permitisen visibilizar a relevancia de López Somoza. Poderías axudarnos? Moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 24 de febreiro de 2018 ás 12:19 (UTC)[responder]