Conversa:Baixo alemánico

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Os nomes dos dialectos finais foron galeguizados persoalmente, sen ter en conta como os chaman outras academias como a RAE. Simplemente usei o coñecemento persoal que teño dos dialectos alemánicos, os nomes do latín e como se fixo mediante a historia do galego, cambialo despois coas regras coas que se cambiou o galego mediante a súa historia.

Do latín basiliensis fixen basilense, do Badisch de Baden fixen badense, do Algäuisch e Algoia fixen algoiés, do latín Virtemberga para Württemberg fixen suvirtembergués para baixo alemánico do sur de Württemberg, para o baixo alemánico de Baar fixen o baarés, para o Voralbergerisch de Voralberg fixen voralbergués.

Evidentemente eu non son ninguén para decidir como a RAG debe chamar ás cousas e seguro que aínda menos a gl.wikipedia.

Menos aínda se se ten en conta que a miña opinión persoal apunta a que sobre a lingua deben decidir sempre as persoas que a falan e non as academias.

Sei que para o alemánico de Alsacia se emprega alsaciano, cousa que tamén me gustaría vela galeguizada a alsacián.

O coloniero castelán galeguiceino a coloneiro.

Eu como Pilatos lávome as mans, cambiádeo vós a pracer. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 62.203.81.201 (conversacontribucións)

  • A RAE nada ten que dicir na lingua galega. As decisións de denominacións deben vir dadas polas institucións competentes. --Atobar (conversa comigo) 23:39, 14 de xuño de 2010 (UTC)


    • Para que non haxa dúbidas, postot que vexo que hai a teima absurda dunha IP irrespectuosa: en galego é alsaciano. Consúltese Ir Indo. --Atobar (conversa comigo) 20:43, 17 de xuño de 2010 (UTC)

New dialect map[editar a fonte]

Please replace the incorrect map with that new one:

--78.52.35.58 16:28, 11 de agosto de 2010 (UTC)