Conversa usuario:62.203.81.201

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 62.203.81.201 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Atobar (conversa comigo) 00:06, 15 de xuño de 2010 (UTC)

Cómpre que asines premendo o cuarto botón comezando pola dereita cara á esquerda, o que ten a traza dun garabato. --Atobar (conversa comigo) 23:36, 14 de xuño de 2010 (UTC)

e teño que asinar aínda que non teña nome rexistrado? 00:00 0 de subxaneiro de 0000 en tempo universal. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 62.203.81.201 (conversacontribucións)

Por suposto, coma todos. Tes un número de ip que te identifica. Por outra banda, para dirixirte a outro usuario cómpre que o fagas na súa páxina de conversa, non na túa propia como acabas de facer, pois daquela non chega o aviso de nova mensaxe. --Atobar (conversa comigo) 00:06, 15 de xuño de 2010 (UTC)