Conversa:Arvicola amphibius

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O artigo tiña algúns problemas: 1.- Entre os sinónimos para a rata de auga aparecía "aguana". Non atopei esta palabra en ningún dicionario, e o máis parecido que atopei foi "aguadana", que é o que coloquei.

2.- Para este animal os nomes científicos referenciados Arvicola amphibius e Arvicola terrestris. Non aparecía o Arvicola sapidus que figuraba no artigo antes de que o editase.

3.- Mudei a redacción no referente á súa distribución xeográfica, xa que ao ser unha enciclopedia galega, a presenza en Galiza debería figurar en primeiro lugar.

4.- Segundo a wikipedia portuguesa, o animal non pertence á familia Muridae, senón á Cricetidae, que engloba a superfamilia Muroidea (que antigamente agrupaba todos os membros da familia Muridae). Como o tema é complexo, consultade aquí [1]. Eu espero telo referenciado correctamente, pero non estou certa.

--Rosamf 20:23, 7 xullo 2009 (UTC)

Habería que averiguar se os nomes comúns son referidos ó Arvicola terrestris ou ó Arvicola sapidus. Alberte Si, dígame? 22:12, 7 xullo 2009 (UTC)


Otras Wikipedias non son unha referencia en si mesmas, poden servir de exemplo máis ou menos fiable en función do historial dos colaboradores que contribuíron no artigo, ou como vía para localizar/consultar as fontes. A partir do artigo en inglés en:Southwestern Water Vole chégase a unha páxina da IUCN (International Union for Conservation of Nature and Natural Resources) que cita a clasificación de Miller de 1908 como Arvicola sapidus. No Atlas de Mamíferos do Ministerio de Medio Ambiente de España volve citar a Miller e fala dos nomes científicos que coresponden a cada especie segundo a distribución xeográfica (http://www.mma.es/secciones/biodiversidad/inventarios/inb/atlas_mamiferos/pdf/79_roden.pdf):

"Miller asigna el nombre de A. sapidus a las ratas de agua de la Península Ibérica y Francia y reserva su anterior denominación de A. amphibius para los representantes semiacuáticos del género Arvicola distribuidas por Gran Bretaña. Posteriormente el morfotipo amphibius pasaría a ser considerado como una subespecie de A. terrestris. No obstante, véase Información Taxonómica de A. Terrestris. A esta última especie corresponden también las poblaciones semiacuáticas que se extienden al norte y este de Francia."

Hai unha páxina en galego dun profesor de matemáticas retirado que recolle información de ríos de Galicia e volve remitirse a Miller e recolle outras fontes ("Lopez Seoane xa a citaba en 1861 como moi frecuente en Galicia"), tamén fala algo da Arvicola terrestris e inclúe imaxes (atópase en A rata aguadeira. Rata de auga. Arvícola sapidus. A vida nos ríos galegos). Con respecto aos nomes en galego o indicado é citar a fonte para que os lectores e os editores teñan opción de contrastala. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:18, 7 xullo 2009 (UTC)
  • Do Diccionario de sinónimos de Galaxia:
    • aguana (GVGH, GAL): Arvicola sapidus. Agoañón (EG, ERG), aguadana (ERQ), aguaneira (CP), rata de auga (GAL, ERG), rato do amizcle (EG), rato do muíño (GVGH).
  • Do Vocabulario de ciencias naturais:
    • Arvicola sapidus (Cast.: Rata de agua). rato de auga) (VCN)

Tamén existen as formas aoana (EG, un erro probable), agoadana (EG, ERG), agoana (ERG), agoaneira (ERG), agoaneiro (ERG), agoaneta (EG), aguano (CP), ougana (ERQ), rato de auga (EG, ERG),

  • Nota: CP: Crespo Pozo, EG: Enciclopedia Gallega, ERG: Eladio Rodríguez, ERQ: Elixio Rivas Quintas, GVGH: Glosario de Voces Galegas de Hoxe, VCN: Vocabulario de Ciencias Naturais.

Como ves, a sinonimia é inmensa, incluíndo variantes locais e fonéticas, que non nos interesan agora. E coa precaución de que a identificación que fai o paisano e o lexicógrafo, sobre descricións vagas de especies semellantes adoita mesturar as cousas. Canto o nome Arvicola sapidus ves que sí está recollido con este significado. Habería que seguir buscando información e seleccionar fontes, e admitir o máis que probable feito que os mesmos nomes comúns designen indistintamente as tres especies. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:19, 7 xullo 2009 (UTC)

Nomes e linguas[editar a fonte]

Obviamente as enciclopedias noutras linguas non sempre serven de referencia, como tampouco as traducións literais dos nomes (pensemos no significado distinto en galego e castelán para "leirón" vs "lirón", a pesar de que o étimo sexa orixinariamente o mesmo).

Grazas polas referencias a dicionarios, porque nos que consultara eu non viña "aguana", e si "agoadana" e "aguadana".--Rosamf 07:58, 8 xullo 2009 (UTC)

Esta especie non se encontra en Galicia, e non hai referencias fiábeis para o seu nome vulgar en galego, polo que penso que o título debería ser o nome científico, Arvicola amphibius, como adoita facerse na Galipedia. --XoioÉche o que hai 21 de decembro de 2019 ás 16:31 (UTC)[responder]

Tes razón Xoio, movín o artigo ó nome científico. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de decembro de 2019 ás 23:40 (UTC)[responder]
Elisardojm, no Nadal pasado non mirara ben. Onte, ao revisar o artigo, e amplialo, mirei ben e «si se enconta, aínda que é escaso, en Galicia» e tamén que «ten nomes galegos», como poderás observar se miras a nova redacción. Agora hai outro problema: o da situación da especie Arvicola scherman, moi semallante ás outas dúas especies do xénero Arvicola, coas que se confunde ás veces, e que algúns autores consideran unha subespecie de Arvicola amphibius, sinón. Arvicola terrestris: Arvicola terrestris scherman. Como non son especialista en roedores (nin en ningunha outra cousa) terei que estudar o caso. O principal porblema na Galipeia e que un dos nomes asignados á especie Arevicola amphibius por Díaz d'a Silva e Cartelle é o de rata de auga setentrional, que aparece na Galipedia como Arvicola scherman. Este problema podería resolverse, quizais, titulando os artigos das tres especies co nome científico, a así podería eu arranxar o contidos de ditos artigos, se che parece oportuno. --XoioÉche o que hai 1 de abril de 2020 ás 12:25 (UTC)[responder]
@Xoio: Non sei que facer, como rata de auga setentrional foi creado por Miguelferig, o mellor sería que el dese a súa opinión. Dende o pouco que eu sei, eu penso que Arvicola scherman debería levar o nome científico porque na Guía de mamíferos de Galicia non se fai referencia a esta especie, só se cita a Arvicola terrestris e a Arvicola sapidus... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de abril de 2020 ás 16:28 (UTC)[responder]
Para evitar todas estas confusións, penso que o mellor é poñer todas estas páxinas co nome científico.--Miguelferig (conversa) 1 de abril de 2020 ás 18:52 (UTC)[responder]
Por min vale. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de abril de 2020 ás 20:38 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Rata de auga. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de decembro de 2019 ás 13:09 (UTC)[responder]