Conversa:Aparato

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Xa sei que este artigo é case unha definición, polo que cadraría mellor no Galizionario. Pero penso que cómpre, sobre todo, facer unha distinción entre os significados de apatato e aparello, páxina esta última que tamén foi borrada, e que non sei como estaría, pero que é algo incongruente, xa que na Galipedia aparecen Aparello circulatorio, Aparello de Golgi, Aparello dixestivo e moitos outros aparellos, sen definir esta voz, que non só se refire estes aparellos, senón tamén a outros, como os de labranza, de pesca, de navegación, electrodomésticos..., sen falar dos aparellos por anotomasia (na linguaxe corrente): o avión e o teléfono. --XoioÉche o que hai 13:16, 8 de agosto de 2011 (UTC)

  • A min esta entrada cádrame máis como páxina de homónimos que derive a aparato (mecánica) e aparato (anatomía). Outros aparatos (boato) non me caben na Galipedia senón directamente no Galizionario. Pedro --Lameiro (conversa) 14:36, 8 de agosto de 2011 (UTC)
  • Concordo. Xoio, insisto, o galizionario está para estas cousas, que aquí non teñen cabida, por moi ben que as redactes e as expliques. --Atobar (conversa comigo) 19:33, 8 de agosto de 2011 (UTC)
Xoio, ocúpaste ti de pasala a homónimos (co formato de homónimos, por favor)?. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:46, 10 de agosto de 2011 (UTC)
  • Graciñas pola contribución, Xoio. Fíxenlle eu os últimos arranxos necesarios para aquelalo como páxina de homónimos. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 16:03, 26 de agosto de 2011 (UTC)

Aparato vs Sistema[editar a fonte]

¿Por que, en anatomía, non se debe confundir Aparato con Sistema? A parte de razóns eufemísticas que nos -me- fagan preferir aparato circulatorio pero sistema nervioso, non creo que existan diferenzas reais, ou eu non as coñezo. Tampouco o común dos mortais, que utilizamos un ou outro de forma máis ou menos instintiva pero sen que o asumamos como conceptos diferentes. Un detalle chamativo é que a Terminoloxía Anatómica, oficial, utilice só o concepto sistema: sistema dixestivo, respiratorio, xenital, nervioso, etc. O Dicionario de termos médicos usa aparello (e non aparato) para designar o "Conxunto de partes e órganos que realizan as diversas funcións expresadas por estes termos" (aparato acústico, biliar, circulatorio, dixestivo, xenitourinario ou uroxenital, respiratorio, visual ou vocal). E usa sistema para designar o "conxunto de estructuras ou de órganos compostos dun mesmo tecido e dotados de funcións semellantes, que colaboran na execución dalgunha acción determinada: sistema óseo, sistema muscular, etc.", pero tamén describe sistema circulatorio, sistema dixestivo, sistema uroxenital, sistema nervioso, etc. ¿Onde está, logo, a diferenza? Pedro --Lameiro (conversa) 19:27, 26 de agosto de 2011 (UTC)