Conversa:Al Biruni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Untitled[editar a fonte]

Propoño a quen corresponda o cambio do título deste artigo polo de Al-Biruní, por dúas razóns: 1. Aínda que o guión, en galego, é un signo ortográfico practicamente prohibido (na escrita de termos) sen embargo é usado por moitos escritores en diversos contextos. Por exemplo, en química, nos termos química-física, reación de oxidacíón-redución, ou reaccións ácido-base, mesmo por redactores da Galipedia, que non foron, até hoxe, corrixidos ver aquí, ou para representar, nalgúns casos, o artigo árabe al na transcrición de antropóniomos, como en Al-Rashid ou en Al-Hasan, tamén por redactores de Galipedia non reprendidos, ver aquí. 2. Eu non son filólogo, obviamente e, moito menos, arabista. Pero resulta un algo sospeitoso que, en galego, o acento tónico do apelido deste personaxe vaia no "u", é dicir, que a palabra sexa grave (paroxítona), e non no último "i", que faría o nome agudo (oxítono). E digo sospeitoso, porque en todos os idiomas romances (inculíndo o francés, pero este non conta, por razóns obvias) é voz aguda:
catalán Al-Biruní
italiano Al-Biruni
italiano Al-Biruni
Agás... no castelán, o marabilla!, onde é Al-Biruni.

De momento, fixen unha ligazón (por iso saíu aquí Al-Biruní en azul). --XoioÉche o que hai 20:53, 28 de agosto de 2011 (UTC)

  • Penso que levas razón. En calquera caso, quen máis sabe de acentuacións é o usuario:Servando2. Mándalle recado, Xoio, que se non pode que non lea esta páxina de conversa. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:15, 28 de agosto de 2011 (UTC)
    • Eu de árabe non che vos teño nin idea, de persa tampouco, pero mirando por aí vexo que o de al-Biruni é unha especie de expresión de orixe que se engade ao final da fórmula onomástica árabe para desambiguar as homonimias que se producen nela. Neste caso semella que birun significa arrabalde en persa (debido a que naceu nos arrabaldes dunha cidade) e que o -i é o sufixo árabe que expresa relación ou pertenza (seica se chama nisba [1]), empregado mesmo na onomástica persa [2]. Con todo isto, como o sufixo que temos aquí é o mesmo que fai que digamos somalí ou israelí, calculo que debería ser al-Biruní. Por outra banda na EGU non me aclara nada sobre a acentuación, posto que non se expresa. Isto é o que podo dicir. Canto ao guión, non sei que dicir. Un saúdo. --Servando2 (Dime) 09:23, 30 de agosto de 2011 (UTC)
  • Sen ter tampouco nin idea do árabe, concordo co uso do guión e coa acentuación aguda, Al-Buriní, de acordo con moitos outros antropónimos presentes na Galipedia, como Al-Farabí, Al-Razí, etc. --XoioÉche o que hai 10 de xuño de 2013 ás 12:22 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Al Biruni. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 01:30 (UTC)