Conversa:Adherente

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Adhesivo[editar a fonte]

Atobar, como lle chamaremos ó artigo dos adhesivos de papel, tea, etc? adhesivo (obxecto)? Xa que isto se refire á substancia adhesiva... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de setembro de 2018 ás 14:47 (UTC)[responder]

  • A palabra é adhesivo, non hai outra (*colante ou *autocolante é un lusismo). Logo cadaquén que concrete como queira en función do que busque: fita adhesiva, papel adhesivo, celofán, apósitos... Non hai que crear outro artigo, este debe englobalo todo, que tampouco non é tanto: só 2 acepcións: como adxectivo, que se adhire ou pega; e como substantivo, obxecto, xeralmente unha peza de tea, papel etc., que leva incorporado un produto que permite pegalo sen mollalo antes. Non ten maior complicación. --Atobar (conversa comigo) 18 de setembro de 2018 ás 21:14 (UTC)[responder]
Elisardo, se cadra o problema que crías que podía haber vén dunha interferencia lingüística co castelán, onde por unha banda está adhesivo e pola outra (pero tamén pode ser adhesivo) pegatina. --Atobar (conversa comigo) 18 de setembro de 2018 ás 21:18 (UTC)[responder]
Si Atobar, era polo tema de *pegatina, é que nos interwikis hai dúas páxinas, unha para o adhesivo (pegamento) e outra para o adhesivo (obxecto), por iso pensei que debería haber dúas páxinas diferentes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de setembro de 2018 ás 21:37 (UTC)[responder]
En todo caso, se queremos dividir en artigos distintos, penso que acaído sería deixar aquí adhesivo (obxecto, xeralmente unha peza de tea, papel etc.) e logo argallar adherente ou substancia adherente (DRAG: que adhire ou está adherido. Ex.: Utilizou unha substancia adherente para pegar a madeira ao vidro. Órganos adherentes). --Atobar (conversa comigo) 19 de setembro de 2018 ás 10:38 (UTC)[responder]
Movín o artigo a adherente e amañei as ligazóns, agora hai que crear o artigo de adhesivo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de setembro de 2018 ás 11:21 (UTC)[responder]
Moi ben. Anímate logo a crealo ti, Elisardo. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 19 de setembro de 2018 ás 12:09 (UTC)[responder]
Mira que es..., xa está adhesivo ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de setembro de 2018 ás 12:37 (UTC)[responder]