Conversa:A morte na cultura popular galega/Arquivo 1

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Ola Lameiro, deixoche aquí dúas imaxes que se cadra che gustan pra o artigo.--Hugo22 15:11, 27 outubro 2008 (UTC)

    • Grazas: xa están colocadas no seu sitio. Canto te atopes coa Santa Compaña non vaias con medo porque che sairán as fotos movidas. Xa sabes: fas un círculo no chan e méteste dentro, que aí non che fan nada. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:04, 27 outubro 2008 (UTC)

Comentarios[editar a fonte]

Non semella mui claro si é Diferenzas na concepción da morte no medio rural' e no medio urbano ou Diferenzas na concepción da morte no medio rural tradicional e na sociedade urbana actuaís'. E logo como era no medio urbano dos siglos pasados ? A contesta a ista pregunta non ten que ver co artigo xa que na cabeceira enfoca ben o tema "...vivíase na Galicia rural ...". O que me parece importante é que se identifiquen diferencias pertinentes. Tal como esta semella mesturar ideas diferentes : os ritos socias tradicionaís en medio rural eran diferentes dos ritos socias tradicionaís en medio urbano ? Sobreviven a inicios do siglo XXI ? Outra cousa é de pensar que a xente por pasar do campo a vila perdou cementos de cohesion social. Tamén é posible que iste tema das diferencias non cabe dentro do artigo, estée fora do tema. Ista sección podria llamarse algo como introducción e poderiaselle retirar o parafo :

"A cultura moderna, propia da Galicia urbana e, xa cada día máis, da Galicia rural, intenta oculta-la morte e rexeita no que lle sexa posible a presenza e o contacto con todo o que implica. Baixo xustificacións médicas, sanitarias, económicas e sociais, a sociedade actual recorre a relega-la morte á frialdade do hospital, á asepsia do tanatorio e da incineración, ó alivio do loito e doutras manifestacións de dor, aínda asumindo o prezo da deshumanización que isto significa. Pola contra, na Galicia rural, tradicional, a morte era algo sempre presente, cotiá, á que se esperaba e para a que compría prepararse. Desde sempre estivo rodeada dun complexo sistema de prácticas ritualizadas que comezaban a porse en acción desde os momentos previos ó pasamento ata máis ou menos tempo despois de producirse este. Estas prácticas, algunhas herdadas desde tempos da romanización ou anteriores, establecéronse secularmente na memoria colectiva, sendo asumidas e coñecidas por todos. En definitiva, e aínda que se saiba perfectamente que a todos nos chega (Ó fin, morrer hai que morrer), no momento último da morte o protagonista está só e ten medo. Tamén a familia vive unha sensación semellante, ante a inminencia da ausencia do ser querido e da perda da súa presenza e amparo. Por todo iso, o grupo familiar e social ó que pertencen préstase a axudar no que estea na súa man e a comparti-la dor, e acoden á casa para demostrar esa solidariedade, ese apoio, ese conforto, nunha despedida que quere pór en evidencia que os protagonistas directos non están sós."

iste parafo poste esi, ainda que podense atopar fontes fiables que acrediten o que di, pois poste diste xeito eiqui semella un punto de vista persoal.

É un traballo maravilloso Lameiro ! Que opinas polo da miña suxerencia ? Outros opinan algo ? ElviraConversa comigo 23:13, 1 novembro 2008 (UTC)

non vexo por onde coller o artigo[editar a fonte]

NOn o vexo:

"O dramático acontecemento" (parece algo pedante, non?)

"da morte —propia ou dun ser querido— vivíase " (como si iba vivir a propia morte? vaia..)

" na Galicia rural ata hai ben pouco desde unha perspectiva claramente diferente da que se seguía na Galicia urbana. " obviedade, a maioria das cousas vivíanse de modo distinto, igualmente tanto en Galicia como en Cochinchina.

"Hoxe en día as diferenzas son cada vez menores en detrimento das prácticas tradicionais substituídas inexorablemente polas urbanas e modernas." Idéntica obviedade, levamos 3 frases e ainda non se dixo nada

"Aquelas tradicións e prácticas ritualizadas, tantas veces deostadas como simples supersticións, tiñan un significativo valor afectivo e humano," tiñan valor afectivo e humano as que o tiñan, outras non o tiñan .. podería poñer exemplos pero levaríame moitas páxinas.

"As diferentes actitudes ante a morte responden, así, ás diferentes opcións relixiosas e filosóficas pero tamén ó contexto social no que se vive, " Outra obviedade, isto pódese aplicar á actitude perante cen mil cousas

"que na Galicia rural se baseaba na cohesión do grupo social, neste caso o lugar ou a parroquia, cun sistema de colaboración e axudas mutuas firmemente establecido no seu modo de entende-la vida. " isto habería que referencialo, unha afirmación tan rotunda e xeneralista non me parece claro nin creíble.

"No momento da morte dun dos membros dese grupo, estas axudas non podían estar ausentes." idem

Non sigo. En resumo, honestamente, e perdónenme a crudeza: paréceme unha redacción propia dun chaval do colexio mais ca un artigo enciclopédico.--Kim 21:58, 18 novembro 2008 (UTC)

Ola, Kim, a túa opinión é respectable, pero a forma de expresarte non o é. Dado que a persoa ou persoas que fixeron este artigo son compañeiros, podías evitar comparacións e descualificativos que non veñen ao caso. Polo demais, se cres que hai cousas mellorables no artigo, non dubides en editalo e melloralo directamente. Se tes dúbidas sobre como facelo, podes preguntarme a min ou a outros usuarios e usuarias. Un saudiño --Xabier Cid Conversa 13:50, 19 novembro 2008 (UTC)
De palabra disme que a miña opinión é respectable, pero a continuación bórrasme os artigos que creei dicindo que son moi cortos. Eu a iso chamaríalle venganza máis que respecto. Vale. Vencerás (porque ti podes borrar os artigos), pero non convencerás (porque sabes que teño razón). Talvez dicir que a redacción parece de colexial me pasara, pero que te vengues en lugar de dialogar demostra pouco de ti.--Kim 21:01, 19 novembro 2008 (UTC)
Ola Kim, sencillamente se non ves por onde coller o artigo é posible que non podas melloralo. Come che di Xabier debes expresarte con respeto, eso é unha regra das comunidades wiki. Respeto para o redator principal e para os outros contribuyentes que xa anduveron lendo o artigo. Respeto tamén para Xabier.Cid se che borrou artigos curtos fixo o seu traballo de administrador da Galipedia. . Se pensas que tes coñocementos de fontes fiables a compartir para mellorar o artigo, non te preocupes eso é posible. Calquera usuario, como xa te di Xabier.Cid pode axudarte a mellorar ElviraConversa comigo 21:38, 19 novembro 2008 (UTC)

Vinme na obriga de correxir a data da romaría de Santa Marta en San Xosé de Ribarteme, concello d'As Neves. É o 29 de xullo, e non o 30 como erroneamente se escribiu. Seino ben porque son de aí e xa levo moitos anos asistindo!!. Ademáis, podedes comprobar en calquera almanaque como a festividade de Santa Marta é o día 29 de Xullo. Graciñas e un saúdo! Paradanta 19:03, 21 xaneiro 2010 (UTC)

Grazas pola corrección. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 15:36, 22 xaneiro 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en A morte na cultura popular galega. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de setembro de 2018 ás 22:51 (UTC) . HombreDHojalata.conversa 18 de agosto de 2021 ás 10:00 (UTC)[responder]