Conversa:A Casanova, Triabá, Castro de Rei

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O contido da páxina non semella enciclopédico. Cita-los nomes dos catro veciños non é serio, non é respectuoso coa privacidade que se merecen nin cabe nunha enciclopedia (polo temporal e irrelevante do dato). ¿Que é iso da cría de "porco vietnamita"? En conclusión, propoño o borrado da páxina. Pedro --Lameiro (conversa) 15:50, 4 abril 2008 (UTC)

  • Retirei o marcador de borrado. Quitei os nomes dos das vivendas. O do porco vietnamita é unha variedade de porco, máis miúdo e escuro. Agora o contido adáptase máis; xa teño visto artigos con menos... --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 16:28, 4 abril 2008 (UTC)
Lameiro, se ti non sabes o que é o porco vietnamita, quizais é que deberiamos suprimir ese dato. ;) --Xabier Cid 17:26, 4 abril 2008 (UTC)
Vale, vale. Agora que todos sabemos qué é un "porco vietnamita", repito a pregunta: ¿Que é iso da cría de porco vietnamita? Aceptemos pulpo como animal de compañía e que algún deses catro veciños teña un porco vietnamita como mascota, pero ¿dedícase á cría destes animais? Eu teño dous cans e non me dedico á cría de cans, esa é a diferencia. Pero serei crédulo e admitirei que se dedique á cría deste porco, e que os vende e ten un negocio. E sigo preguntando: ¿iso é verificable? ¿é relevante? ¿iso ten cabida nunha enciclopedia? Pedro --Lameiro (conversa) 21:04, 4 abril 2008 (UTC)
A min paréceme exótico! :D --Adalbertofrenesi(fala) 21:52, 4 abril 2008 (UTC)