Conurbación do centro de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coñécese como conurbación do centro de Inglaterra á gran rexión urbanizada de forma anular en torno aos Peninos. Este macizo fai ás veces de pulmón verde do conglomerado. Polo sur o continuo urbanizado únese, a través da área de Northampton, coa megalópole da rexión de Londres.

Características[editar | editar a fonte]

A xénese da conurbación do centro de Inglaterra é o resultado do desenvolvemento dunha sociedade eminentemente urbana como a británica. O Reino Unido é un dos máis urbanizados do mundo e o primeiro que naceu á calor da revolución industrial, na segunda metade do século XVIII e perante todo o XIX. A rexión onde todo este fenómeno comezou é xustamente a que conforma esta conurbación:

O desenvolvemento industrial temperán desta rexión provocou pronto moitos problemas que leva asociada a industrialización, polo que o século XX foi época dunha decadencia e unha dura reconversión que aínda non terminou para toda a área.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]