Saltar ao contido

Peninos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPeninos
(en) Pennines Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipocordilleira Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaInglaterra, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Mapa
 54°42′10″N 2°29′12″O / 54.7028, -2.4867
Características
Altitude893 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoCross Fell (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (893 m Editar o valor en Wikidata )

Os Peninos (Pennines en inglés) son unha formación montañosa situada entre o sur de Escocia e o norte de Inglaterra. Adoitan chamarse "a columna vertebral de Inglaterra".[1][2][3] Os Peninos forman unha cadea continua que se estende desde Midlands, pasando polos Yorkshire Dales, partes de Manchester, ata o leste de Lancashire e Cumbria, perdéndose nos Cheviot Hills, na fronteira escocesa. A súa lonxitude total é de aproximadamente 250 millas, uns 400 quilómetros.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome Pennines (Penines), crese que provén do celta: "pennioroches", cuxo significado sería "outeiros", aínda que a referencia escrita máis antiga do nome data do século XVIII. A difusión do nome probabelmente estivo influenciada polos Apeninos italianos, que vén dada por unha viaxe da nobreza inglesa a Italia (o Grand Tour) no século XVIII.

Altura e dimensións

[editar | editar a fonte]

Os Peninos non son moi relevantes en canto a altura, son relativamente baixos e a miúdo considéranse meros outeiros. O pico máis alto, Cross Fell, ten 893 metros de altura. Outros picos importantes son Mickle Fell con 788 metros e Whernside con 736 metros.

Datos climáticos para Great Dun Fell, North Pennines (848 m) 1981–2010
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 1,5 0,8 2,2 4,2 7,9 10,5 12,4 12,1 9,7 6,6 3,8 1,9 6,13
Media mínima en °C −2,6 −2,9 −1,9 −0,4 2,3 5,1 7,3 7,3 5,2 2,6 −0,1 −2,3 1,63
Fonte: Met Office[4]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]


  1. Poucher, W.A. (1946). The Backbone of England. A photographic and descriptive guide to the Pennine range from Derbyshire to Durham. Guildford and Esher: Billing and Sons Limited. .
  2. Edwards, W.; Trotter, F.M. (1954). The Pennines and Adjacent Areas. Handbooks on the Geology of Great Britain (Third Edition ed.). HMSO. p. 1. ISBN 0 11 880720 X. .
  3. "Pennines -- Britannica Online Encyclopedia" (en inglés). Consultado o 28 de febreiro de 2008. 
  4. "Great Dun Fell 2 Climatic Averages 1981–2010". Met Office. Consultado o 22 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]