Constitución de Melfi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Constitucións de Melfi")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

O castelo de Melfi, onde foi redactada a Constitución.
Estatua de Federeico II no Palacio Real de Nápoles.

A Constitución de Melfi (tamén coñecida como Constitucións de Melfi e como Liber augustalis) constitúe unha, pero tamén das máis rendíbeis, das realizacións de Federico II Hohenstaufen. Foi promulgada, para o Reino de Sicilia, o 1 de setembro de 1231, por este emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, que tamén foi rei de Sicilia, de Chipre e de Xerusalén, no castelo de Melfi (hoxe na provincia de Potenza, Basilicata), e recollida no Liber augustalis.

Trátase dunha serie de leis e normas que rexen a convivencia. Esta norma estivo vixente no Reino de Sicilia, así como no seu territorio dentro do Reino de Nápoles e no das Dúas Sicilias até o ano 1816.

Admirador de Augusto, Federico II, coa axuda do seu chanceler Pierre des Vines, redactou un conxunto de leis chamado Liber augustalis. Este código promulgouse o 1 de setembro de 1231 no castelo de Melfi, na cidade de Melfi, polo que tomou o nome de "Constitucións de Melfi".

Este Liber Augustalis considérase tamén como a primeira colección de leis e regulamentos relacionados coa fabricación de medicamentos.

Historia[editar | editar a fonte]

As Constitucións de Melfi son unha reforma dos Assises de Capua (Sesións de Capua) de 1220, que á súa vez reformaban as Assises de Ariano (Sesións de Ariano), dadas polo seu avó Roger II de Sicilia en 1140. Suponse que o emperador Federico II foi el mesmo o autor das Constitucións, aínda que a influencia do arcebispo de Capua Giacommo Amalfitano foi notábel.

Inmediatamente foron reprobadas polo papa Gregorio IX porque supoñían unha lexislación exterior e contraria á Igrexa.

Esta Constitución, inspirada no dereito romano e no dereito canónico foi feita para racionalizar o funcionamento do Estado. Para iso, Federico instaura unha centralización do Estado e unha simplificación dos procedementos xudiciaos. Por último, para fomentar o comercio, os impostos reducíronse.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]