Constantino Candeira Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Constantino Candeira Pérez
Nacemento 12 de marzo de 1892
  A Guarda
Falecemento 6 de marzo de 1962
  Valladolid
Nacionalidade España
Ocupación arquitecto
editar datos en Wikidata ]

Constantino Candeira Pérez, nado na Guarda o 12 de marzo de 1892 e finado en Valladolid o 6 de marzo de 1962,[1] foi un arquitecto e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Constantino Candeira González. Ingresou en 1913 na Escola de Arquitectura de Madrid e licenciouse en arquitectura. En 1922 foi nomeado arquitecto municipal de Medina del Campo. En 1924 obrivo o cargo de arquitecto municipal de Santiago de Compostela e da diocese. Dedicouse a obras de urbanismo e restauración e conservación de edificios históricos. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos. En 1930 pasou a ser arquitecto da Deputación de Valladolid ate a súa xubilación en 1955. En 1933 foi nomeado arquitecto conservador do Museo Nacional de Escultura e despois subdirector do mesmo.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Guía del Museo Nacional de Escultura de Valladolid, 1945.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 14-3-1962, p. 13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Soneira Beloso, Begoña (2006). O arquitecto Constantino Candeira. Sada: Do Castro. ISBN 978-84-8485-238-4.