Constantino Candeira González
Constantino Candeira González | |
---|---|
![]() Constantino Candeira, retrato en Vida Gallega, 1909. | |
Nacemento | 1851 |
Lugar de nacemento | Ponteareas |
Falecemento | 15 de xaneiro de 1933 |
Lugar de falecemento | A Guarda |
Nacionalidade | España |
Ocupación | empresario |
Fillos | Constantino Candeira Pérez |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Constantino Candeira González, nado en Ponteareas en 1851 e finado na Guarda o 15 de xaneiro de 1933, foi un empresario e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi fundador da fábrica-serradoiro Candeira Hnos no Pasaxe en 1883, con estaleiro no Pasaxe, fábricas-serradoiros en Vigo, Ponteareas e Salvaterra de Miño. Creou en 1927 o Consorcio de Serrerías del Miño S.A. no Pasaxe con sede central en Vigo.
Foi deputado a Cortes na Primeira República Española e delegado por Pontevedra na Xunta Revolucionaria de 1873, vogal e vicepresidente da Sociedad Pro Monte de 1917 a 1925, e vogal de 1912 a 1917. Foi nomeado concelleiro da Guarda como integrante da listxe de maiores contribuíntes en febreiro de 1930 e nomeado alcalde polo Gobernador civil. Renunciou ao cargo o 21 de marzo "por no estar de acuerdo con las directrices emanadas desde el Gobierno Civil que chocaban con su personal filiación republicana".
Predecesor: Manuel Lomba Peña |
![]() Alcalde da Guarda 1930 |
Sucesor: José María Álvarez
|
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Consuelo Pérez López e foi pai de Consuelo, Constantino, Carmen, Candelaria, Celso, Celia, Concha e Carlos Candeira Pérez.