Constantino Añel González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1875 Reádegos, España |
Morte | marzo de 1970 (94/95 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | comerciante , xornalista , político |
Constantino Añel González, nado en Reádegos (Vilamarín) cara a 1875 e finado en Ourense en marzo de 1970, foi un comerciante, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Cuba sendo mozo, e foi representante distribuidor de Bodegas Gallegas. Pertenceu ás directivas das sociedades Progreso de Coles, La Peña Gallega, Beneficencia Gallega e do Centro Gallego de La Habana; fundou as sociedades de instrución Alianza de Villamarin en La Habana e Hijos de Readigos. Impulsou a creación da Caja de Ahorros de los socios del Centro Gallego. Colaborou en Follas Novas.
Retornado a Ourense cara a 1917, foi correspondente de Eco de Galicia en Ourense.[1] Foi membro da Liga de Amigos, concelleiro de Ourense e primeiro tenente alcalde en 1927; na Segunda República formou parte do comité provincial de Acción Popular e foi fundador da Caixa de Aforros Provincial de Ourense.
No franquismo foi vicepresidente da Cámara da Propiedade, membro do Orfeón Unión Orensana, da Asociación da Prensa e do Liceo Recreativo. Finou en Ourense a principios de marzo de 1970.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Maruchi e Constantino Añel de la Fuente.