Congreso de Angostura
O Congreso de Angostura, instalado o 15 de febreiro de 1819 polo xeneral en Xefe Simón Bolívar, na súa condición de Xefe Supremo da República de Venezuela e Capitán Xeral dos Exércitos de Venezuela e da Nova Granada (no presente Colombia), na cidade de Angostura (a presente Ciudad Bolívar), representou o Segundo Congreso Constituínte da República de Venezuela. Foi elaborado no contexto das guerras de independencia de Venezuela e independencia da Nova Granada. As súas palabras están recollidas no soado Discurso de Angostura publicado no Correo del Orinoco, números 19, 20, 21 e 22, publicado do 20 de febreiro ó 13 de marzo de 1819.
Historia
[editar | editar a fonte]O 15 de febreiro de 1819, seis meses antes da batalla de Boyacá, reuníronse 26 representantes dos 30 electos, quen representaban as provincias de Caracas, Cumaná, Trujillo, Margarita, Barinas, Barcelona, e Güiana, pola República de Venezuela, a provincia do Casanare pola República de Nova Granada. As provincias venezolanas Coro e Maracaibo aínda permanecían baixo o dominio dos realistas.[1]
Logo da invasión á Nova Granada (a presente Colombia) adiantada por Bolívar, o Libertador quixo que desta rexión se enviasen delegados. Pouco tempo despois, Bolívar dispuxo que a rexión administrada por Quito, aínda baixo dominio español, fóra incluída na unión xunto con Venezuela e a Nova Granada.
Constitución de Angostura
[editar | editar a fonte]O Congreso instalouse para formular o que historicamente se chamou a "Lei Fundamental" (Constitución). As decisións tomadas inicialmente foron as seguintes:
- A Nova Granada foi renomeada Cundinamarca e a súa capital, Santa Fe renomeada Bogotá. A capital de Quito sería Quito. A capital de Venezuela sería Caracas. A capital da Gran Colombia sería unha nova cidade que levaría o nome do libertador Bolívar, cuxa localización debía ser determinada posteriormente (Artigo 7).
- Créase a República de Colombia, que sería gobernada por un presidente. Existiría un vicepresidente que suplantaría ó presidente na súa ausencia.
- Os gobernadores do tres Departamentos tamén se chamarían Vicepresidentes.
- A Bolívar dáselle o título de "Libertador" e o seu retrato exporíase no salón de sesións do Congreso coa lema "Bolívar, Libertador de Colombia e pai da Patria".
- O presidente e vicepresidente elixiríanse con voto indirecto, pero para efectos de empezar, o Congreso elixiunos da seguinte forma:
- Presidente da República: Simón Bolívar.
- Vicepresidente: Francisco de Paula Santander.
En agosto, Bolívar continúa a súa tarefa libertadora, parte cara á Nova Granada e deixa a cargo da presidencia a Santander mentres que Francisco Antonio Zea foi designado vicepresidente encargado e presidente do Congreso.
Ó final das sesións, o Congreso acordou que se reuniría novamente en Cúcuta, en xaneiro de 1821, para expedir a nova constitución.