Condado de Põlva
| |||||
Capital | Põlva | ||||
Gobernador | Urmas Klaas | ||||
Área | 2,165 km² | ||||
Poboación ;- Densidade | 31,954 14.8/km² | ||||
![]() |
O Condado de Põlva ou Põlvamaa (estoniano Põlva maakond ou Põlvamaa), é un dos quince condados (maakond) da Estonia. Está situado no sueste da Estonia e limita cos condados de Tartu, Valga e Võru. O condado tamén é parte da fronteira da Estonia con Rusia (Oblast de Pskov). Nesa rexión, a divisa territorial entre eses dous países aínda non está totalmente ratificada e algunhas vilas no condado de Põlva (por exemplo, Lutepää e Saatse) só poden ser alcanzadas por terra através do territorio controlado polos rusos. O 2.3% do total da poboación da Estonia vive no condado de Põlva. A súa capital é Põlva. Existen máis de 130 lagos na área do condado, sendo o maior deles o lago Meelva.
Goberno rexional[editar | editar a fonte]
O goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) é dirixido por un gobernador ou maavanem, que é nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos.
Subdivisión administrativa[editar | editar a fonte]
O condado está divido en 14 concellos: un urbano (cunha segunda cidade Räpina, facendo parte dun concello rural) e 13 concellos rurais.