Condados de Estonia
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
O condado (en estoniano: maakond) é a subdivisión administrativa de Estonia. Na actualidade Estonia divídese en 15 condados, segundo lei do 1 de xaneiro de 1990, cada un dos condados está dirixido por un gobernador (en estoniano: maavanem) que representa o goberno nacional no nivel rexional. O gobernador é nomeado polo goberno por cinco anos. Cada condado divídese en concellos que poden ser de dúas clases: urbanos (en estoniano: linn) e rurais (en estoniano: vald)
Condados
[editar | editar a fonte]- Harjumaa - Talín
- Hiiumaa - Kärdla
- Ida-Virumaa - Jõhvi
- Järvamaa - Paide
- Jõgevamaa - Jõgeva
- Läänemaa - Haapsalu
- Lääne-Virumaa - Rakvere
- Pärnumaa - Pärnu
- Põlvamaa - Põlva
- Raplamaa - Rapla
- Saaremaa - Kuressaare
- Tartumaa - Tartu
- Valgamaa - Valga
- Viljandimaa - Viljandi
- Võrumaa - Võru