Saltar ao contido

Concello de Dals-Ed

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Dals-Ed
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 58°55′00″N 11°55′00″L / 58.9167, 11.9167
EstadoSuecia
Condadocondado de Västra Götaland Editar o valor en Wikidata
CapitalEd (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.606 (2024) Editar o valor en Wikidata (5,58 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Dalsland
Q61562094 Traducir (–1999)
Q61561827 Traducir (1999–) Editar o valor en Wikidata
Superficie825,43 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Chairman of the municipal board in Dals-Ed Municipality, Sweden (en) Traducir Editar o valor en WikidataMartin Carling (2006–2022)
Q133272755 Traducir (–2006)
Andreas Nilsson (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webdalsed.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: DalsEdsKommun Twitter: DalsEdsKommun Instagram: dalsedskommun Youtube: UC9o6xt3yP-fBeWf23LjYMUw Editar o valor en Wikidata

Dals-Ed é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland.[1] Anteriormente pertencía ao desaparecido condado de Älvsborg. A súa capital é Ed, o que o converte nun dos 42 concellos que ten como capital a unha antiga localidade municipal. Dals-Ed é o concello do condado de Västra Götaland con menos poboación, tendo 4 606 habitantes en decembro do ano 2024.[2]

O concello está en gran parte cuberto por bosques. A área caracterízase por unha paisaxe de val de fractura con lagos como un dos lagos máis profundos de Suecia, o Stora Le. O centro da actividade económica do municipio é a vila de Ed, que tamén é un coñecido destino turístico.

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

A área do municipio correspondese coa das parroquias de Dals-Ed, Gesäter, Håbol, Nössemark, Rölanda e Töftedal. Nesta fundáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.

O 8 de abril de 1927 estableceuse a localidade municipal de Ed no concello rural de Dals-Ed.

Coa reforma municipal de 1952 naceu o gran concello de Dals-Ed a partir dos anteriores municipios de Dals-Ed, Gesäter, Håbol, Nössemark, Rölanda e Töftedal. A localidade municipal de Ed dissolveuse o 31 de decembro de 1957.

O concello de Dals-Ed fundouse coa refoma municipal de 1971 a través da reorganización do concello rural de Dals-Ed.[3]

O municipio pertenceu dende a súa fundación ata o 1 de maio de 1999 ao partido xudicial de Åmål, e dende entón pertence ao de Vänersborg.[4]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello está no noroeste do landskap de Dalsland e limita ao norte co municipio de Årjäng no condado de Värmland, ao leste co de Bengtsfors, ao sur co de Färgelanda, ao suroeste co de Munkedal e ao oeste co de Tanum, estes últimos no condado de Västra Götaland. Ao oeste lamén limita cos concellos de Halden e Aremark en Noruega.

Topografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

Gran parte do concello está formado por bosque e caracterízase por unha paisaxe de val de fractura onde o leito rochoso está formado por gneis. Un lago de val de fractura cunha dirección norte-sur é o Stora Le, onde a profundidade chega case aos 100 metros. O Stora Le ten tamén moitos relictos árticos, organismos que quedaron illados no lago despois de que se derretise o xeo. Un exemplo é o Myoxocephalus quadricornis, un peixe da familia Cottidae.

Outro exemplo de curso de auga do concello é o río Örekilsälven, que segue unha dirección de falla norte-nordeste-sur-suroeste. En Gesäter, os ríos Örekilsälven e Töftedalsån flúen xuntos. No val cheo de barro formáronse fermosos barrancos.

Hai varias zonas no municipio que teñen un gran valor natural. O complexo Dals-Ed é unha gran zona de deltas de ríos glaciares e cristas de morena que forman parte da rexión fronteriza central de Suecia e se formaron durante a última etapa fría da idade de xeo hai uns 10 500 anos.[5]

Conservación da natureza

[editar | editar a fonte]

Entre Stora Le e a fronteira con Noruega atópase o parque nacional de Tresticklan que está formado por unha paisaxe de val de fractura con extensos bosques naturais, case totalmente inalterados pola silvicultura moderna.[5][6] No ano 2023 había, ademais do parque nacional, 13 reservas naturais no concello de Dals-Ed.[7]

Divisións administrativas

[editar | editar a fonte]

Ata o ano 2016 para cuestións de informes de poboación o concello estaba dividido nunha única área, a congregación de Dals-Ed. A partir de 2016 o municipio está dividido no seu lugar en seis distritos, que se corresponden coas antigas parroquias: Dals-Ed, Gesäter, Håbol, Nössemark, Rölanda e Töftedal.[8]

Localidades

[editar | editar a fonte]

No municipio hai tan só unha localidade, Ed, que no ano 2023 tiña unha poboación de 2 901 habitantes.[9]

Economía e infraestruturas

[editar | editar a fonte]

Economía local

[editar | editar a fonte]

O centro da actividade económica do concello é a localidade de Ed, que se atopa entre os lagos Stora Le e Lilla Le, e a carón da liña de ferrocarril Gotemburgo-Oslo. Ed tamén é unha coñecida localidade turística. A principios da década de 2020 dentro do sector industrial do municipio destacaban as empresas Polyuretan Technology Sweden (detalles interiores para a industria do automóbil) e Pyrotek Scandinavia AB (produtos químicos). Outra empresa importante era Sykes Sweden AB (servizos empresariais). O propio concello era responsable de boa parte dos postos de traballo.[5]

Infrarestruturas

[editar | editar a fonte]

Dende o oeste cara o nordés o concello está cruzado pola estrada comarcal 164, e de oeste a sueste pola comarcal 166. En dirección norte-sur o muncipio está atravesado pola liña de ferrocarril Norge/Vänerbanan que é servido polo tren de longa distancia de Vy entre Oslo e Gotemburgo con parada en Ed.

Grandes partes de Dals-Ed foron moldeadas polo inlandsis. O concello estaba xa poboado durante a Idade de Ferro. Como asentamento fronteirizo, foi durante séculos un importante lugar para o comercio, o transporte e os intereses políticos. Carlos XII, o rei guerreiro sueco, marchou dende Dals-Ed cara fortaleza de Fredriksten en Halden, onde morrería.[10]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-15. 
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-13. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784. 
  4. "Domsagohistorik - Vänersborgs tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 9 de setembro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Dals-Ed - Uppslagsverk". www.ne.se. Consultado o 2025-03-13. 
  6. "Tresticklans nationalpark - Sveriges nationalparker". www.sverigesnationalparker.se (en sueco). Consultado o 2025-03-13. 
  7. "Dals-Eds naturreservat". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2025-03-13. 
  8. "Förordning om distrikt (SFS 2015:493)" (PDF). Regeringskansliet. Consultado o 13 de marzo de 2025. 
  9. "Tätorter 2023 avgränsningar och befolkning". experience.arcgis.com. Consultado o 2025-03-17. 
  10. "Korta fakta om Dals-Ed - Dals-Eds kommun". www.dalsed.se. Consultado o 2022-08-21.