Concello de Färgelanda
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Västra Götaland | ||||
Capital | Färgelanda (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.382 (2024) (10,32 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 618,33 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | fargelanda.se | ||||
Färgelanda é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland.[1] Anteriormente pertencía ao desaparecido condado de Älvsborg. A súa capital é Färgelanda. No ano 2022 a poboación do concello era de 6 569 habitantes.[2]
O concello está situado no suroeste do landskap de Dalsland e limita ao norte cos municipios de Dals-Ed e Bengtsfors, ao leste cos de Mellerud e Vänersborg, ao sur co de Uddevalla e ao oeste co de Munkedal.
Administración histórica
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coas parroquias de Färgelanda, Högsäter, Järbo, Lerdal, Råggärd, Rännelanda, Torp e Ödeborg. Nestas parroquias fundáronse municipios rurais coa reforma municipal de 1862 co mesmo nome.
Coa reforma de 1952 nacéron tres chamados grandes municipios (storkommuner): Högsäter (a partir de Högsäter, Järbo, Lerdal, Råggärd e Rännelanda), Färgelanda (sen cambios) e Ödeborg (de Torp, Valbo-Ryr e Ödeborg).
En 1967 disolveuse e dividiuse o municipio rural de Ödeborg e as parroquias de Torp e Ödeborg incorporáronse a Färgelanda, mentres que a de Valbo-Ryr pasou a formar parte do concello rural de Munkedal. En 1971 introducíuse un tipo uniforme de municipio e o concello rural de Färgelanda transformouse no municipio de Färgelanda. En 1974 incorporouse o concello de Högsäter e Färgelanda recibiu a súa extensión actual.[3]
O concello pertence dende á súa fundación ao partido xudicial de Vänersborg.[4]
Demografía
[editar | editar a fonte]Comunicacións
[editar | editar a fonte]En dirección norte-sur o concello é atravesado pola estrada do condado (länsväg) 172, e a 173 únese a esta na localidade de Färgelanda e vai cara ao leste. A empresa de transportes do condado, Västtrafik, ten tráfico de autobuses ao longo desas estradas. Dende a década de 1960 non hai ferrocarril no concello.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-19.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-25.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Domsagohistorik - Vänersborgs tingsrätt". Bebyggelseregistret. Consultado o 25 de agosto de 2022.