Concello de Färgelanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Färgelanda (municipio)»)
Modelo:Xeografía políticaConcello de Färgelanda
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 58°34′00″N 11°59′00″L / 58.566666666667, 11.983333333333Coordenadas: 58°34′00″N 11°59′00″L / 58.566666666667, 11.983333333333
EstadoSuecia
Condadocondado de Västra Götaland Editar o valor em Wikidata
CapitalFärgelanda (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación6.434 (2023) Editar o valor em Wikidata (10,41 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie618,33 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webfargelanda.se Editar o valor em Wikidata
Facebook: fargelandakommun Twitter: Fargelanda Instagram: fargelandakommun LinkedIn: fargelanda-kommun Youtube: UCi5Nv_QsIyeuDCLf5mKD3nA Editar o valor em Wikidata

Färgelanda é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland.[1] Anteriormente pertencía ao desaparecido condado de Älvsborg. A súa capital é Färgelanda. No ano 2022 a poboación do concello era de 6 569 habitantes.[2]

O concello está situado no suroeste do landskap de Dalsland e limita ao norte cos municipios de Dals-Ed e Bengtsfors, ao leste cos de Mellerud e Vänersborg, ao sur co de Uddevalla e ao oeste co de Munkedal.

Administración histórica[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese coas parroquias de Färgelanda, Högsäter, Järbo, Lerdal, Råggärd, Rännelanda, Torp e Ödeborg. Nestas parroquias fundáronse municipios rurais coa reforma municipal de 1862 co mesmo nome.

Coa reforma de 1952 nacéron tres chamados grandes municipios (storkommuner): Högsäter (a partir de Högsäter, Järbo, Lerdal, Råggärd e Rännelanda), Färgelanda (sen cambios) e Ödeborg (de Torp, Valbo-Ryr e Ödeborg).

En 1967 disolveuse e dividiuse o municipio rural de Ödeborg e as parroquias de Torp e Ödeborg incorporáronse a Färgelanda, mentres que a de Valbo-Ryr pasou a formar parte do concello rural de Munkedal. En 1971 introducíuse un tipo uniforme de municipio e o concello rural de Färgelanda transformouse no municipio de Färgelanda. En 1974 incorporouse o concello de Högsäter e Färgelanda recibiu a súa extensión actual.[3]

O concello pertence dende á súa fundación ao partido xudicial de Vänersborg.[4]

Demografía[editar | editar a fonte]

Comunicacións[editar | editar a fonte]

En dirección norte-sur o concello é atravesado pola estrada do condado (länsväg) 172, e a 173 únese a esta na localidade de Färgelanda e vai cara ao leste. A empresa de transportes do condado, Västtrafik, ten tráfico de autobuses ao longo desas estradas. Dende a década de 1960 non hai ferrocarril no concello.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-19. 
  2. "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-25. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784. 
  4. "Domsagohistorik - Vänersborgs tingsrätt". Bebyggelseregistret. Consultado o 25 de agosto de 2022.