Saltar ao contido

Concello de Aneby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Concello de Aneby
 Nome curto
    Aneby (sv) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Retrouso
Unik – Nära Editar o valor en Wikidata
 Cargo dirixente
Características
 Forma xurídica
Implicados
 Xefe do goberno
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1 de xaneiro de 1971 reforma municipal sueca de 1971 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Q10411543 Traducir (1967 - 1970) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Capital
Aneby (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
6.402 (2014) rexistro de poboación en Suecia
6.718 (2017)
6.766 (2017)
6.776 (2017)
6.774 (2018)
6.800 (2018)
6.789 (2018)
6.832 (2018)
6.855 (2019)
6.849 (2019)
6.836 (2019)
6.848 (2019)
6.855 (2020)
6.834 (2020)
6.810 (2020)
6.821 (2020)
6.865 (2021)
6.895 (2021)
6.905 (2021)
6.892 (2021)
6.878 (2022)
6.893 (2022)
6.852 (2022)
6.824 (2022)
6.809 (2023)
6.816 (2023)
6.842 (2023)
6.852 (2023)
6.838 (2024)
6.808 (2024)
6.826 (2024)
6.797 (2024)
6.805 (2025)
6.817 (2025)
6.853 (2025)
6.851 (2025)
6.857 (2026)
6.854 (2026) Editar o valor en Wikidata
 Cadro de persoal
675 (2019)
675 (2017)
675 (2018) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
553,9 km²
517,72 km² terra
556,92 km²
36,18 km² corpo de auga Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   204 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap935684 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000404327043 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0zsm6 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+46-380-461-00 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Facebook: anebykommun Instagram: anebykommun LinkedIn: aneby-kommun Youtube: UCiqg1CZj-JgE_CY41sq4cbQ Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Aneby é un municipio sueco (kommun) do condado de Jönköping.[1] A súa capital é Aneby. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 6 797 habitantes.[2]

O municipio está formado por vales que se entrecruzan con elevacións medias, a meirande parte delas cubertas por bosques de coníferas. As condicións xeográficas afectaron á economía do municipio, sendo dominante a industria da madeira aínda a que a súa importancia diminuíu.

A poboación medrou ata a metade dos anos 90 do século pasado, cando a tendencia se inverteu. Porén, a mediados da década de 2010 volveu subir o número de habitantes do municipio.

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Askeryd, Bredestad, Bälaryd, Frinnaryd, Haurida, Lommaryd, Marbäck e Vireda. Coa reforma municipal de 1862 formáronse nesas parroquias concellos rurais co mesmo nome.

Na zona atopábase tamén a localidade municipal de Aneby, establecida o 24 de novembro de 1923 e disolta a finais de 1966.

Coa reforma municipal de 1952 creáronse dous grandes concellos na zona: Bredestad (a partir dos anteriores concellos rurais de Askeryd, Bredestad, Bälaryd, Frinnaryd e Marbäck), e Hullaryd (a partir dos de Haurida, Lommaryd e Vireda).

En 1967 creouse o concello rural de Aneby a partir dos municipios de Bredestad e Hullaryd. O actual concello de Aneby naceu coa reforma municipal de 1971 pola reorganización co concello rural de Aneby.[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello de Aneby atópase no nordés do condado de Jönköping. Ao norte limita co municipio de Tranås, ao oeste co de Jönköping, ao sur co de Nässjö, e ao sueste co de Eksjö, todos eles no condado de Jönköping. Ao leste fai fronteira co concello de Ydre, no condado de Östergötland.

Hidrografía e topografía

[editar | editar a fonte]

A paisaxe está formada por vales que se cruzan con alturas intermedias, algunhas en forma de longos drumlins. O fondo dos vales atópase a uns 200 metros sobre o nivel do mar e as alturas alcanzan os 300 metros, sendo nalgúns casos máis altas. O río Svartån flúe dende o sur ata o norte a través dunha das liñas de fractura e entre os lagos Anebysjön e Ralången pasa a fervenza Stalpet, de 19 metros de altura. A meirande parte da paisaxe está cuberta de bosque, especialmente de coníferas. As terras de cultivo atópanse nas zonas altas onde a terra é de gran máis fino e o risco de xeadas é menor. Alí atópanse as granxas soas ou en fila unha tras outra. A terra cultivable está máis preto da súa granxa correspondente, mentres que os pastos e o bosque están máis abaixo na ladeira.[4]

Conservación da natureza

[editar | editar a fonte]

No ano 2022 había seis reservas naturais no concello de Aneby.[5] O lago Ören está clasificado como unha área Natura 2000 e na súa ribeira occidental atópase a reserva natural de Björkenäs. A zona é rica en carballos e ten unha variada paisaxe agrícola. Existen moitas árbores vellas e nodosas.[6] O bosque caducifolio de Degla está situado xunto ao lago Noen e consta de bosque caducifolio, bosque pantanoso caducifolio e zona húmida. Na reserva natural prosperan moitas especies de paxaros e doutros animais.[7] Nos anos 60 fundouse o que hoxe é unha das reservas máis pequenas e antigas do condado, Vållingsön. Situada no lago Ören é unha illa importante como punto de nidificación para especies de paxaros como movellas árticas, mergullóns cristados, biluricos bailóns, carráns comúns e aguias peixeiras.[8] As outras reservas son Hyllingen, Nynäs e Åsen.[5]

Divisións administrativas

[editar | editar a fonte]

Ata o ano 2016 para cuestións de informes de poboación o concello de Aneby vestaba dividido en cinco congregacións: Aneby, Askeryd, Frinnaryd, Haurida-Vireda e Lommaryd.

A partir de 2016 o municipio está dividido no seu lugar en oito distritos que se corresponden coas antigas parroquias: Askeryd, Bredestad, Bälaryd, Frinnaryd, Haurida, Lommaryd, Marbäck e Vireda.[9]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-06.
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-05.
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
  4. "Aneby - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2022-08-15.
  5. 1 2 "Naturreservat". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-15.
  6. "Björkenäs". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-15.
  7. "Degla lövskog". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-15.
  8. "Vållingsön". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-15.
  9. "Förordning om distrikt (SFS 2015:493)" (PDF). Regeringskansliet. Consultado o 15 de marzo de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]