Concello de Öckerö

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 57°42′N 11°39′L / 57.700, -11.650

Concello de Öckerö
Öckerö kommun
Öckerö kommunhus.jpg
Casa do concello
Öckerö vapen.svg
Escudo
País Suecia Suecia
Landskap Bohuslän
Condado Västra Götaland
Capital Öckerö
Área e poboación
Poboación 12 864 habitantes
Censo 2022
Área 511,4 km²
Densidade 499,57 hab./km²
Mapa
Öckerö Municipality in Västra Götaland County.png
Outros datos
Web ockero.se

Öckerö é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland,[1] Anteriormente era parte do condado de Gotemburgo e Bohus e a súa capital é Öckerö. O concello está situado no sur do landskap de Bohuslän e no norte do Kattegatt, ao oeste dos municipios de Gotemburgo e Kungälv.

O concello está formado por 10 illas habitadas e xunto con Gotland é o único municipio de Suecia que carece de conexión terrestre e depende de transbordadores. A zona ten unha flora rica e moitas especies de aves, pero ten problemas cos refugallos mariños.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante a era viquinga as illas pertenceron aos reis noruegueses e a parte da franxa costeira chamada Älvsyssel, estando o seu tingsplats onde se atopa no presente a fortaleza de Bohus en Kungälv.

Máis tarde, no século XIII, o rei Håkon Håkonsson de Noruega construíu unha casa en Öckerö porque adoitaba quedar alí coa súa frota.

A mediados do século XVIII, comezou o gran período do arenque e floreceron as vilas de pescadores durante uns 50 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-12.