Conca hidrográfica do Miño
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b4/Hidrogalicia_rio_minno.svg/220px-Hidrogalicia_rio_minno.svg.png)
A conca hidrográfica do Miño é a conca hidrográfica do río homónimo. Discorre polo noroeste da Península Ibérica e desemboca no océano Atlántico. Ten unha superficie aproximada de 12.486 km² que se estenden polas comunidades autónomas españolas de Galicia e Castela e León (provincias de León e Zamora) e polo norte de Portugal. A parte española está xestionada pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que xestiona tamén a conca transfronteiriza do río Limia.