Comunidade lingüística
Unha comunidade lingüística é, segundo a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos da UNESCO, unha “sociedade humana que, historicamente asentada nun determinado espazo territorial, recoñecido ou non, se identifica como pobo e desenvolveu unha lingua común como medio de comunicación natural e cohesión cultural entre os seus membros”. Esta definición tómase do artigo 1.1 do Título Preliminar, onde se especifican os conceptos empregados ao longo da citada Declaración.[1][2]
Vitalidade da comunidade lingüística
[editar | editar a fonte]Un dos indicadores fundamentais á hora de valorar a vitalidade dunha lingua é se se transmite dos pais (Ver tamén: Lingua materna) a fillos e fillas. Este indicador adoita chamarse índice ou taxa de transmisión da lingua familiar. Enténdese por lingua de transmisión familiar a lingua que o neno aprende de xeito informal no fogar, sen a influencia do colexio ou das institucións. Se unha lingua se transmite familiarmente, a supervivencia está garantida, mentres que corre risco cando os pais deixan de falala aos seus fillos. O feito de que unha lingua se transmita familiarmente é o que garante unha nova xeración de falantes que a teñan como lingua inicial. A morte dunha lingua é, xa que logo, un fenómeno que implica a tres xeracións: a que deixa de falarse aos nenos, aos nenos que xa non a aprenden na casa e que, polo tanto, xa non lla transmiten aos seus descendentes, os nenos que xa non a aprenden na casa, e estes últimos, que xa non a terán vivido no medio ou o terán como propia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos" (PDF). Art. 1, no 1. 1993.
- ↑ "Enciclopèdia d'Eivissa i Formentera". www.eeif.es (en catalán). Consultado o 2022-06-25.