Compton Gamma Ray Observatory
| CGRO | |
|---|---|
![]() Representación artística de CGRO | |
| Tipo | Científico |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 5 de abril de 1991, 14:22 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Transbordador espacial Atlantis[2][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 39B[2][6] |
| Obxectivo da misión | Observacións astronómicas no rango dos raios gamma.[2][6] |
| Decaemento | 4 de xuño de 2000[1] |
| NSSDC ID | 1991-027B |
| Masa | 16.329,0 kg[2][5][6] |
| Potencia | 2000 vatios[2] |
CGRO (acrónimo de Compton Gamma-Ray Observatory) foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 5 de abril de 1991 mediante o transbordador espacial Atlantis na misión STS-37 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]CGRO era membro da serie de grandes observatorios da NASA, xunto co telescopio espacial Hubble, o Telescopio Espacial Spitzer e o Telescopio Espacial Chandra de raios X. A súa misión era facer observacións do ceo no rango dos raios gamma, entre 0,1 MeV e 30 GeV, onde se producen procesos no que interveñen as reaccións nucleares, a radiación bremsstrahlung, a aniquilación materia-antimateria, a dispersión Compton, a radiación sincrotrón e outros.[2]
A nave estabilizábase nos tres eixos e era capaz de apuntar a un obxectivo determinado durante ata 14 días cunha precisión angular de 0,5 graos e facer observacións cunha precisión temporal de 0,1 milisegundos. Levaba a bordo 1860 kg de hidracina como propelente para manter a órbita.[2]
Tras o fallo de tres dos catro xiroscopios, a NASA decidiu facer reentrar o observatorio o 4 de xuño de 2000 para evitar a perda do control do mesmo en caso do fallo do último xiroscopio.
Instrumentos
[editar | editar a fonte]CGRO levaba a bordo catro instrumentos que se complementaban na cobertura de enerxías:
- Burst and Transient Source Experiment (BATSE)
- OSSE (Oriented Scintillation Spectrometer Experiment)
- COMPEL (Imaging Compton Telescope)
- EGRET (Energetic Gamma-Ray Experiment Telescope)
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "CGRO" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2013.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 NASA (14 de maio de 2012). "Compton Gamma-Ray Observatory" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2013.
- ↑ "Note verbale dated 16 December 1992 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (93-01075): 12. 7 de xaneiro de 1993. Consultado o 24 de marzo de 2013.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "GRO / Compton Gamma-ray Observatory" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2013.
- 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "CGRO (GRO, Compton)" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2013.
- 1 2 3 4 Mark Wade (2011). "GRO" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Compton Gamma Ray Observatory |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina de CGRO na NASA Arquivado 29 de agosto de 2017 en Wayback Machine.
