Compañía Xeral dos Ferrocarrís de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Compañía General de los Ferrocarriles de Galicia foi un proxecto de empresa ferroviaria galega, creado en 1920. A sociedade naceu co obxecto de promover, construír e administrar os ferrocarrís pendentes de adxudicar ou xa adxudicados pero sen materializar na xeografía galega.

Historia[editar | editar a fonte]

O consello constituínte nomeou presidente a Gabino Bugallal e conselleiros ao marqués de Aldama (representando os intereses mineiros de Villablino), Guillermo de Oya (sobriño de José García Barbón, que defendía os intereses do Balneario de Cabreiroá), Raimundo Riestra, Ramón Peinador (defendendo os intereses do ferrocarril de Vigo a Mondariz), Pedro Barrié de la Maza e Domingo Villar Grangel, quen redactou a memoria da constitución.

O consello tivo diversas reunións, unha delas no Hotel Palace de Madrid, fixando detalles de carácter societario como a emisión de accións e a constitución do accionariado, e concretando as liñas a acometer prioritariamente e a electrificación dalgunhas xa existentes.

Nos anos seguintes buscouse captar capital e máis adeptos para a causa. Porén, a empresa non chegou a saír adiante.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Villar Grangel, Domingo: Memoria sobre la constitución y desarrollo de la Compañía General de los Ferrocarriles de Galicia. Madrid, 1921.