Guillermo de Oya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Guillermo de Oya
Guillermo de Oya Lastres 1924.jpg
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

Guillermo de Oya Lastres, finado en Vigo o 6 de abril de 1924[1], foi un enxeñeiro, empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro de minas. Casou en 1900 con Elena Salgueiro Barbón, sobriña de Xosé García Barbón[2], e foi o seu herdeiro, instalándose no pazo na Facenda Vista Alegre. Foi membro do consello de administración da Compañía Xeral dos Ferrocarrís de Galicia e presidente da Asociación Fomento do Turismo de Vigo. Foi concelleiro de Vigo e primeiro tenente alcalde das corporacións presididas por Joaquín Martínez López[3] e Francisco Lago Álvarez[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galicia. Diario de Vigo, 8-4-1924, p. 1.
  2. El Diario de Pontevedra, 21-5-1900, p. 2.
  3. Noticiero de Vigo, 1-1-1912, p. 1.
  4. Noticiero de Vigo, 2-1-1914, p. 1.