Comité Olímpico Ruso
Comité Olímpico Ruso | |
---|---|
Acrónimo | ОКР e ROC |
Tipo | Comité olímpico nacional |
Área de operación | Rusia |
Data de fundación | 1992 |
Presidente/a | Alexander Zhukov (pt) (2010-2018) |link=https://www.wikidata.org/wiki/Q4467829?uselang=gl]] (2001-2010)
Vitali Smirnov (en) (1992-2001) |
Organización matriz | Comités Olímpicos Europeos |
Sede | Luzhnetskaya Embankment |
País | Rusia |
Na rede | |
http://www.roc.ru/ e https://olympic.ru/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Comité Olímpico Ruso (en ruso: Олимпийский комитет России; Olympiyskiy Komitet Rossii, OKR) é o Comité Olímpico Nacional que representa a Rusia. É responsábel da participación de Rusia nos Xogos Olímpicos.[1] Naceu en 1911, como comité do Imperio Ruso e tralo éxito da Revolución de Outubro foi substituído polo Comité Olímpico Soviético (en ruso: Национальный Олимпийский комитет Союза Советских Социалистических Республик – НОК СССР) até 1991. En 1993, restabeleceuse o Comité Olímpico Ruso.[2]
O seu actual presidente é Alexánder Júkov.[3][4]
O país tamén conta cun comité paralímpico.[5]
Xogos Olímpicos de 2020
[editar | editar a fonte]O 19 de febreiro de 2021, anunciouse que Rusia competiría en Toquio co acrónimo "ROC", as siglas en inglés do Comité Olímpico Ruso, aínda que o nome completo do propio comité non puido usarse para referirse á delegación. En atletismo, a Asociación Internacional de Federacións de Atletismo non permitiu máis de 10 Atletas Neutrais Autorizados (ANA). Rusia esivo representada pola bandeira do Comité Olímpico Ruso.[6]
O 22 de abril de 2021, o COI aprobou a substitución do himno ruso, despois de que unha elección anterior da canción popular rusa "Katyusha" fose rexeitada pola súa deriva belicista. Utilizouse un fragmento do Concerto para piano nº 1 de Petr Ilich Chaikovskii.[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Páxina oficial do OKR Arquivado 24 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en ruso)
- ↑ «Rusia». Páx. do COI (en inglés).
- ↑ "Olympic Highlights". COI. Consultado o 12 de novembro de 2015.
- ↑ "Putin calls for investigation of Russian doping allegations". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2015. Consultado o 12 de novembro de 2015.
- ↑ paralymp.ru
- ↑ "Olympics: Russia to compete under ROC acronym in Tokyo as part of doping sanctions". Reuters (en inglés). Reuters. 2021-02-19. Consultado o 2021-02-20.
- ↑ "Tchaikovsky Selection To Replace Banned Russian Anthem At Tokyo, Beijing Olympics". RadioFreeEurope/RadioLiberty (en inglés). Consultado o 2021-05-24.
- ↑ "Tchaikovsky music approved as replacement for banned Russian national anthem". www.insidethegames.biz. Consultado o 2021-05-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine. (en ruso)