Comité Técnico de Árbitros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Velasco Carballo e os seus asistentes no quentamento dun partido de competición europea.
Rubinos Pérez no quentamento dun partido de competición europea.
Mateu Lahoz no quentamento dun partido de competición europea.
Medina Cantalejo, un dos árbitros con máis liderado dos últimos anos.
Mejuto González na homanaxe a Miguel Delibes.
Undiano Mallenco, un dos árbitros con máis partidos do fútbol español.

O Comité Técnico de Árbitros (CTA) é un órgano técnico subordinado á Real Federación Española de Fútbol (RFEF), máis concretamente, directamente subordinado ao presidente da RFEF. Encárgase do funcionamento e organización do mundo arbitral español. É tamén o órgano encargado da designación de partidos ou ascensos de categoría dos árbitros, árbitros asistentes, delegados de partido e informadores de fútbol e fútbol sala en categorías nacionais. Así mesmo, é o órgano encargado de comunicar á FIFA a selección dos árbitros e asistentes internacionais en cada tempada.

Historia[editar | editar a fonte]

Este órgano técnico federativo encargado da parcela arbitral, tivo diferentes nomes ao longo dos seus case 100 anos de existencia. Nun primeiro arranque do fútbol en España, o aspecto arbitral viña regulado polas diferentes federacións rexionais que baixo uns criterios subxectivos, designaban aos árbitros e mantiñan a organización arbitral. Nun primeiro momento os partidos eran arbitrados por directivos ou xogadores dos clubs contendentes. Posteriormente pasou ás federacións rexionais, e xa na década de 1920 créase de xeito definitivo un órgano federativo que axunte criterios a nivel estatal español.

Denominacións[editar | editar a fonte]

Foron tres as denominacións coas que se coñeceu ao máximo órgano arbitral do fútbol español. Desde os seus inicios ata o final da Guerra Civil Española denominouse Comité Nacional de Árbitros (CNA). Trala guerra, cambiou a un nome que definía ben a verticalidade do réxime, Comité Central de Árbitros (CCA). Na década de 1960 recuperouse o nome de Comité Nacional de Árbitros (CNA), e en 1993 trala chegada á presidencia de Sánchez Arminio o órgano noméase Comité Técnico de Árbitros (CTA), nome que continúa vixente.

Funcións[editar | editar a fonte]

O Comité Técnico de Árbitros vén regulado nos Estatutos da RFEF no Título VI (Dos órganos da RFEF), Capítulo 4 (Dos órganos técnicos), na súa Sección 1ª (Do Comité Técnico de Árbitros).[1] Posteriormente, este órgano vén desenvolvido máis profundamente no Regulamento Xeral da RFEF.

Encárgase do funcionamento, organización ou designación dos árbitros de fútbol e fútbol sala en categorías nacionais. En fútbol, isto querería dicir que o CTA é o encargado de todo o relativo aos árbitros de Primeira, Segunda e Segunda B. A Terceira división, pese a ser unha categoría inicialmente recoñecida como nacional, é unha categoría mixta, na que se cede a maior parte da regulación ás federacións autonómicas, polo que arbitralmente sucede o mesmo e a súa regulación, salvo algunhas cuestións, queda baixo organización autonómica.

As súas funcións máis básicas seguindo os Estatutos da RFEF, son:

1. O Comité Técnico de Árbitros atende directamente ao funcionamento do colectivo federativo de árbitros e correspóndenlle, con subordinación ao Presidente da RFEF, o goberno, representación e administración das funcións atribuídas a aqueles.

2. A presidencia do Comité recaerá en quen designe o que ostenta a da RFEF.

3. O Comité Técnico de Árbitros desenvolverá as seguintes funcións: a) Establecer os niveis de formación arbitral. b) Clasificar tecnicamente aos árbitros e propoñer a adscrición ás categorías correspondentes. c) Propoñer os candidatos a árbitros de categoría internacional. d) Aprobar as normas administrativas regulando a arbitraxe. e) Coordinar coas Federacións de Ámbito Autonómico integradas na RFEF os niveis de formación. f) Designar aos colexiados nas competicións de ámbito estatal non profesional. g) Calquera outra delegada pola RFEF.

4. As propostas a que se refire o apartado anterior elevaranse ao Presidente da RFEF para a súa aprobación definitiva.

5. No que respecta aos partidos ou competicións en que interveñan clubs adscritos á Liga de Fútbol Profesional, as designacións dos árbitros competerán á Comisión formada por tres membros, un nomeado pola Real Federación, outro pola Liga e o terceiro de común acordo entre ambas entidades, ostentando a presidencia o membro designado pola RFEF. Serán tamén funcións desta Comisión: a) Establecer as normas que teñan repercusión económica no sistema de arbitraxe das competicións de carácter profesional. b) Desenvolver programas de actualización e homoxeneización dos criterios técnicos durante as competicións, en concordancia coa política de formación e capacitación establecidas polo Comité Técnico de Árbitros e os organismos internacionais.

6. A designación dos árbitros para dirixir partidos non estará limitada por recusacións nin por condicións de calquera clase; e os que foren nomeados non poderán absterse de dirixir o encontro de que se trate, salvo que concorran razóns de forza maior que ponderará, en cada caso, o Comité ou a Comisión.

7. O Comité Técnico de Árbitros exerce facultades disciplinarias, aínda que limitadas exclusivamente aos aspectos técnicos da actuación dos colexiados.

8. A composición e réxime de funcionamento do Comité determinaranse regulamentariamente.

Posteriormente, atopamos desenvolvidas estas disposicións dos Estatutos da RFEF no Regulamento Xeral da RFEF. Aí atopamos desenvolvido o asunto das designacións, as vogalías e a súa acción, a Escola Nacional de Árbitros de Fútbol (ENAF) etc.[2]

Comités autonómicos[editar | editar a fonte]

Outra das funcións do CTA é a de órgano regulador e supervisor dos comités técnicos arbitrais das diferentes federacións autonómicas. Hai 19 comités técnicos autonómicos que son dependentes das súas respectivas federacións e do propio CTA, un por cada comunidade autónoma, ademais de Ceuta e Melilla.

Presidentes[editar | editar a fonte]

A continuación lístanse todos os presidentes deste órgano arbitral desde a súa creación:

Trofeo Vicente Acebedo[editar | editar a fonte]

En 2008 instaurouse o Trofeo Vicente Acebedo, que desde a tempada 2007/08 entrégase anualmente por parte da RFEF e baixo os criterios de selección do CTA, aos mellores árbitros e asistentes de cada tempada na Primeira e Segunda División de España.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Estatutos da RFEF". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2012. Consultado o 13 de xaneiro de 2013. 
  2. "Regulamento Xeral da RFEF" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xuño de 2012. Consultado o 13 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]