Colonización británica de América
O Imperio británico comezou a tomar forma a principios do século XVII, mediante o estabelecemento da colonia de Jamestown en 1607, en Virxinia por parte de Inglaterra, o que sería o comezo das Trece Colonias en Norteamérica, que foron a orixe de Estados Unidos así como das provincias marítimas do Canadá. Tamén se produciu a colonización de pequenas illas no mar Caribe como Xamaica e Barbados.
As colonias produtoras de azucre do Caribe, onde a escravitude converteuse na base da economía, eran as colonias máis importantes e lucrativas para Inglaterra. As colonias americanas producían tabaco, algodón e arroz no sur, e material naval e peles de animais no norte.
O imperio de Inglaterra en América íase expandindo gradualmente mediante guerras e colonias. Inglaterra conseguiu controlar Nova Ámsterdam (despois chamada Nova York) tras as guerras anglo-holandesas. As colonias americanas estendíanse cara ao oeste en busca de novas terras para a agricultura. Durante a Guerra dos Sete Anos, os ingleses venceron aos franceses e quedaron con Nova Francia, en 1760, o que converteu a Inglaterra en dona de case toda América do Norte.
Despois, os asentamentos en Australia (que comezaron coas colonias penais en 1788) e Nova Zelandia (baixo o dominio da Coroa desde 1840) crearon unha nova zona para a migración desde as Illas Británicas, aínda que as poboacións indíxenas tiveron que sufrir guerras desiguais -nalgúns casos, xenocidio, como na Guerra negra- e tamén enfermidades. Como efectos das guerras, o xenocidio, a represión e a mala alimentación foron reducindo o seu tamaño en ao redor dun 60–70% en algo menos dun século. Estas colonias, xa en mans dos novos colonos de orixe británica, acabarán obtendo o autogoberno.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Elliott, John H. Empires of the Atlantic world: Britain and Spain in America, 1492-1830 (Yale UP, 2007).
- Louis, William. Roger (general editor), The Oxford History of the British Empire
- vol 1 The Origins of Empire ed. by Nicholas Canny
- vol 2 The Eighteenth Century ed. by P. J. Marshall excerpt and text search
- Lloyd; T. O. The British Empire, 1558-1995 Oxford University Press, 1996 online edition
- Marshall, P.J. (ed.) The Cambridge Illustrated History of the British Empire (1996). excerpt and text search
- Robinson, Howard . The Development of the British Empire (1922), 465pp edition
- Rose, J. Holland, A. P. Newton and E. A. Benians (gen. eds.), The Cambridge History of the British Empire, 9 vols. (1929–61); vol 1: "The Old Empire from the Beginnings to 1783" 934pp online edition Volume I Arquivado 27 de decembro de 2007 en Wayback Machine.
- Sobecki, Sebastian. "New World Discovery". Oxford Handbooks Online (2015). DOI: 10.1093/oxfordhb/9780199935338.013.141
- Taylor, Alan. American Colonies: The Settling of North America (Penguin, 2002).
Historiografía
[editar | editar a fonte]- Canny, Nicholas. "Writing Atlantic History; or, Reconfiguring the History of Colonial British America." Journal of American History 86.3 (1999): 1093-1114. in JSTOR
- Hinderaker, Eric; Horn, Rebecca. "Territorial Crossings: Histories and Historiographies of the Early Americas," William and Mary Quarterly, (2010) 67#3 pp 395–432 in JSTOR