Colisée Pepsi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Colisée de Québec")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 45°49′51″N 71°14′47″O / 45.83083, -71.24639

Colisée Pepsi
Colisée Pepsi de Québec.jpg
Exterior.
Datos
LocalizaciónQuebec, Flag of Canada.svg Canadá
Outros nomesColisée de Québec (1949-99)
Construción
Inauguración8 de decembro de 1949[1]
ArquitectoRobert Blatter[2]
Bouchard & Rinfret
Estadio
Capacidade15.176 espectadores[3]
LocalíaQuebec Aces (LHQ) / (AHL) (1950-1971)
Quebec Nordiques (WHA) / (NHL) (1972-1995)
Quebec Rafales (IHL) (1996-1997)
Quebec Remparts (LHJMQ) (1969-1985)
Quebec Radio X (LNAH) (2004-2007)
Quebec Citadelles (AHL) (1999-2002)
Quebec Remparts (LHJMQ) (1999-presente)
Eventos
Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 2008

O Colisée Pepsi (anteriormente coñecido como Colisée de Québec), é un pavillón multipropósico da Cidade de Quebec, na provincia homónima (Canadá). O principal uso do pavillón é a práctica de hóckey sobre xeo, sendo a casa dos Quebec Nordiques cando estes competían na World Hockey Association (WHA) e na National Hockey League (NHL) entre 1972 e 1995, e actualmente é a casa dos Quebec Remparts da Ligue de hockey junior majeur du Québec (LHJMQ). O Colisée acolleu tamén o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo en categoría masculina no ano 2008.

Acolle anualmente no mes de febreiro o Québec International Peewee Hockey Tournament, no que participan cerca de 2.300 xogadores de hóckey sobre xeo novos de 16 países.

Historia[editar | editar a fonte]

O pavillón comezou a construírse o 24 de maio de 1949,[1] cunha capacidade para 10.034 espectadores, co obxectivo de remprazar outro edificio que ardera no mesmo lugar un ano antes. Construído polos arquitectos Rinfret and Bouchard baixo a dirección de Robert Blatter e F. Caron, o pavillón foi unha mestura do exterior de Estilo Internacional e o interior de estilo Art déco.[4] A súa construción custou 3 000 000 de dólares canadenses (30,2 millóns en dólares de 2015).[5] Foi coñecido como "A Casa que Construíu Béliveau", xa que frecuentemente durante os seus primeiros anos se enchía para ver a Jean Béliveau, a estrela dos Quebec Aces, antes de irse aos Montreal Canadiens da NHL. Dúas décadas despois, o pavillón encheríase de novo para ver a Guy Lafleur xogar nos Quebec Remparts, antes de que se unira tamén aos Canadiens.

O edificio experimentou unha profunda renovación en 1980, na que o vidro da entrada orixinal foi substituído por novos vidros, e na que o pavillón ampliou a súa capacidade a 15.750 espectadores para cumprir as normas da NHL na época despois de que os Nordiques deran o salto dende a WHA á NHL. PepsiCo mercou os dereitos do nome do pavillón o 18 de novembro de 1999, e a súa capacidade actual rebaixouse a 15.176 espectadores. A casualidade quixo que os antigos Quebec Nordiques sexan coñecidos actualmente como Colorado Avalanche, que actualmente compiten no Pepsi Center de Denver.

O pavillón acolleu as series finais da 1971 Memorial Cup, na que os Remparts derrotaron aos Edmonton Oil Kings por dous partidos a cero. Dende que o campionato cambiou o seu formato de competición, o Colisée acolleu as series finais en 1991 e 2003. A nivel internacional, o primeiro partido das 1974 Summit Series entre as estrelas do Canadá da WHA e a Unión Soviética foi xogado no Colisée, así como un partido nas edicións da Canada Cup en 1976 e 1991. O pavillón acolleu xunto con Montreal en 1978 o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo sub-20, e xunto con Halifax o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 2008. As series a dous partidos Rendez-vous '87, entre os All-Stars da NHL e a selección da Unión Soviética. O Colisée Pepsi tamén acolleu moitos concertos multitudinarios.

A Cidade de Quebec ten recibido numerosas propostas nos últimos anos para que a cidade regrese á NHL; a maioría destas propostas prevén a utilización do Colisée como sede temporal do equipo mentres se constrúe un novo pavillón xunto á instalación existente. O 10 de outubro de 2009, os xornais da Cidade de Quebec como Le Soleil informaron de que se levaron a cabo negociacións entre a cidade e a NHl sobre a posibilidade e pertinencia de reubicar ou crear unha nova franquía da liga na cidade.

O antigo propietario dos Nordiques e actual presidente do Comité Olímpico Canadense Marcel Aubut dixo que non hai plans de demoler o Colisée Pepsi mesmo se se constrúe un novo pavillón. Aubut mencionaou unha posible candidatura para os Xogos Olímpicos de Inverno entre outras xustificacións para manter o pavillón existente.[6] Como parte do acordo de construción do novo estadio, unha suma de 7 millóns de dólares canadenses adicionais serán destinados a renovar o Colisée, se na cidade aterra unha franquía dunha potencial expansión da NHL antes de que se remate o novo pavillón en 2015.[7]

Capacidade[editar | editar a fonte]

A capacidade do pavillón para os partidos de hóckey sobre xeo ao longo da súa historia foi a seguinte:

Anos Capacidade Referencias
1949-1973 10.034 [8]
1973-1976 10.004 [9]
1976-1981 10.012 [10]
1981-1984 15.250 [11]
1984-1987 15.434 [12]
1987-2009 15.399 [13]
2009- 15.176 [3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Histoire et Sociiété, ed. (9 de outubro de 2010). "Histoire et Sociiété: Le Colisée de Québec, 1949 à aujourd'hui" (en francés). Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  2. LaFerrière, Michèle (January 11, 2008). "La Révolution Blatter". La Presse (en francés) (Montreal). Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2013. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 Hickey, Pat (January 4, 2012). "Canadian Teams Rake in Cash". Montreal Gazette (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2015. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  4. Martin Dubois (13 de maio de 2014). Université Laval, ed. "Ce cher bon vieux Colisée" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  5. Halpin, Charlie (13 de decembro de 1949). "New $3,000,000 Quebec Coliseum to Be Opened on Thursday Night". Montreal Gazette (en inglés). p. 16. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  6. Brunt, Stephen (8 de febreiro de 2012). "Quebec Ready for Nordiques Return". Sportsnet (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2012. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  7. White, Marianne (March 25, 2012). "New Quebec City Arena Gets the Green Light". Montreal Gazette (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2012. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  8. Mccarthy, Gary (7 de febreiro de 1970). "Quebec Peewee Hockey 'Dream' Now Reality". Montreal Gazette (en inglés). p. 13. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  9. The Canadian Press (8 de decembro 1973). "Soviets Beat Quebec". Leader-Post (en inglés) (Regina). p. 23. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  10. The Canadian Press (25 de xuño de 1977). "Expansion, Merger, Accommodation–Whatever". Calgary Herald (en inglés). p. 41. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  11. Wevurski, Pete (24 de novembro de 1981). "Dion Has a Special Goal in Return to Quebec". Pittsburgh Press (en inglés). p. C–4. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  12. The Canadian Press (11 de decembro de 1986). "If You Want to Rendez-vous, You'd Better Have a Ticket". Montreal Gazette (en inglés). p. D–3. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  13. Lapointe, Joe (26 de febreiro de 1995). "On Pro Hockey; In Quebec, Sale Rumors and an Arena Agenda". The New York Times (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]