Saltar ao contido

Coirós, Coirós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coirós
Igrexa de San Xulián de Coirós.
ConcelloCoirós[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°15′03″N 8°09′55″O / 43.2508, -8.1654
Poboación512 hab. (2013)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xulián de Coirós[1] é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Coirós. Segundo o IGE en 2013 tiña 512 habitantes (257 mulleres e 255 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 423 habitantes.

Coa reforma parroquial da arquidiocese de Santiago de Compostela de 1867, foille anexada parte da antiga parroquia da Espenuca.[2] Con todo, esta mudanza non se manifestou nos nomenclátores até o ano 1910.[3]

Topónimo

[editar | editar a fonte]

Coirós é un topónimo prerromano, que xorde antes do século III, e que se refire á pedra ou a un alto rochoso.[4]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa de San Xulián de Coirós, de estilo románico de finais do século XII, a fachada principal foi reconstruída no século XVIII. No exterior destacan os contrafortes e as seteiras.
  • Cruceiro de Coirós de Arriba.
  • Capela da Espenuca
  • Cruceiro da Espenuca.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Coirós

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Coirós no concello coruñés de Coirós

O Bullo | A Casela | Os Chás | Coirós de Abaixo | Coirós de Arriba | A Espenuca | Meixonfrío


Parroquias de Coirós

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Coirós

Armea (San Vicente) | Coirós (San Xulián) | Colantres (San Salvador) | Santa María de Ois (Santa María) | Santa Mariña de Lesa (Santa Mariña) | Santiago de Ois (Santiago)

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro (PDF). Xunta de Galicia. 2009. p. 142. ISBN 978-84-453-4777-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de agosto de 2017. Consultado o 07 de decembro de 2020. 
  3. Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 56. ISBN 978-84-605-3156-2. 
  4. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Veiga Ferreira, Xosé María; Sobrino Ceballos, Juan (2005). "San Xiao de Coirós". A Xanela. Revista cultural das Mariñas (Betanzos) (19). 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]