Colantres, Coirós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Colantres
Igrexa de San Salvador de Colantres.
ConcelloCoirós[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°15′47″N 8°10′25″O / 43.2631, -8.1735Coordenadas: 43°15′47″N 8°10′25″O / 43.2631, -8.1735
Poboación289 hab. (2013)
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

San Salvador de Colantres[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Coirós. Segundo o IGE en 2013 tiña 289 habitantes (147 mulleres e 142 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 244 habitantes.

Cultura[editar | editar a fonte]

Topónimo[editar | editar a fonte]

Colantres barállase que sexa un antropónimo latino, mais do cal se descoñece o significado.[2]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Igrexa de San Salvador de Colantres, de estilo románico do século XII.

Etnografía[editar | editar a fonte]

Colantres na cultura popular[editar | editar a fonte]

Existe unha curiosa lenda sobre a etimoloxía do topónimo Collantres. Cóntase que a Sagrada Familia ía andando por Galicia cara Betanzos. Como estaban cansos, pararon á sombra dunhas árbores a descansar, e entre elas había algunhas maceiras. Pero o Meniño tiña sede e San Xosé non atopou ningunha fonte. Achegouse unha velliña que lle dixo que, a falta de auga, ben podía coller unhas mazás. San Xosé colleu unha, para o Meniño, pero a vella insisteu: Collan tres, collan tres, unha para cada un. E de aí colleu o nome o lugar.

Outros[editar | editar a fonte]

Nunha casa de turismo rural local gravouse a serie de Televisión de Galicia Casa Manola.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Colantres[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Colantres no concello coruñés de Coirós

Colantres | Mende | Queirís

Parroquias de Coirós[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Coirós

Armea (San Vicente) | Coirós (San Xulián) | Colantres (San Salvador) | Santa María de Ois (Santa María) | Santa Mariña de Lesa (Santa Mariña) | Santiago de Ois (Santiago)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]