Cogomelo de cardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cogomelo de cardo
Cogomelo de cardo (Pleurotus eryngii)
Cogomelo de cardo (Pleurotus eryngii)
Clasificación científica
Reino: Fungi
Filo: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Orde: Agaricales
Familia: Pleurotaceae
Xénero: Pleurotus
Especie: P. eryngii
Nome binomial
'Pleurotus eryngii'
(De Cand.) Gillet 1874

O cogomelo de cardo[1] Pleurotus eryngii, é un cogomelo co sombreiro convexo cando é novo e plano convexo, co centro deprimido, na madurez, de cor apardazada, pé cilíndrico e abrancazado, xeralmente excéntrico, comestíbel e de sabor doce.

É unha das especies de cogomelo máis coñecida e moi apreciada polo seu sabor.

Descrición[editar | editar a fonte]

Cultivo de cogomelo de cardo (Pleurotus eryngii) en Pradejón (A Rioxa).

É un cogomelo que presenta gran variedade de tons pardos, dende o crema até o marrón escuro.Ten chapeu máis ou menos convexo, inicialmente circular e na madurez máis irregular de até uns 8 cm. As súas lamelas son abrancazadas e decorrentes sobre o esteo que adoita ser groso e curto. Ás veces medra en grupos sobre a mesma cepa.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Adoita desenvolverse sobre raíces mortas de distintas plantas, especialmente sobre as do cardo corredor, Eryngium campestre. Adoita frutificar polo outono, particularmente se o chan recibiu precipitacións importantes e se producen temperaturas macías. Ocasionalmente pode saír na primavera, sempre que teña sido chuviosa e morna. É atacada decote por larvas.

Uso[editar | editar a fonte]

É comestíbel e apreciada. A súa carne é elástica e dun recendo agradábel. Atópase nos supermercados polo outono en bandexas. Pódese usar en guisados de carne, peixe e revoltos. É moi saudábel.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]