Saltar ao contido

Coenonympha pamphilus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coenonympha pamphilus é unha bolboreta da familia Nymphalidae, subfamilia Satyrinae.[1][2][3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Distribución e características

[editar | editar a fonte]

Especie de ampla distribución que aparece en todo o Paleártico (Eurasia e Norte de África). Na Península Ibérica ocupa practicamente todas as súas áreas xeográficas.

Pode ser atopada nunha ampla variedade de hábitats. Selecciona áreas máis secas que outras especies de Coenonympha.

Presenta varias xeracións anuais, voando de febreiro a novembro na Península Ibérica; en Gran Bretaña, por exemplo de maio a outubro. As eirugas, que se alimentan de distintas especies de gramíneas (Poa annua, Dactylis glomerata, Festuca rubra, Agrostis sp., etc), son verdes con liñas laterais brancas. A crisálide é verde. Dependendo da latitude de distribución poden ter unha soa xeración anual (no norte de Eurasia) ou varias (no sur). Inverna en forma de eiruga. Os adultos ou imagos aliméntanse de varias fontes de néctar, en especies dos xéneros (entre outros): Rubus spp., Ranunculus spp., Succisa spp., Pulicaria spp., Stellaria spp., Anthyllis spp., etc.

Subespecies[4]

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]